It's Beginning to and Back Again
It's Beginning to and Back Again | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Wire | ||||
Publicado | maio de 1989 | |||
Estudio(s) | Kitsch Studios, Bruxelas Terminal 24 Studios, Londres | |||
Duración | 59:43 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, electrónica, rock experimental | |||
Selo(s) | Enigma Records | |||
Producido por | John Fryer, Paul Kendall, Wire | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
It's Beginning to and Back Again, tamén coñecido como IBTABA, é o sexto álbum de estudio da banda británica de post-punk Wire, publicado en maio de 1989 a través do selo Enigma Records. O seu título vén da letra do seu terceiro tema, "German Shepherds".
A metade do álbum está formado por reinterpretacións de actuacións ao vivo de material do seu anterior traballo, A Bell Is a Cup... Until It Is Struck. As gravacións están "baseadas en actuacións en Chicago, Portugal e Londres". Os temas ao vivo foron deconstruídos no estudio e remesturados por Wire. O álbum contén o sinxelo "Eardrum Buzz", que foi o sinxelo máis exitoso de toda a historia da banda, chegando ao número 2 da lista Billboard Modern Rock Tracks e ao número 68 no Reino Unido.[1]
Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]
Tódolos temas escritos e compostos por Bruce Gilbert, Robert Gotobed, Graham Lewis e Colin Newman..
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Finest Drops" | 4:28 |
2. | "Eardrum Buzz" | 4:16 |
3. | "German Shepherds" | 4:39 |
4. | "Public Place" | 6:05 |
5. | "It's a Boy" | 3:59 |
6. | "Illuminated" | 6:51 |
7. | "Boiling Boy" | 8:17 |
8. | "Over Theirs" | 9:24 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "eardrum buzz | full Official Chart History | Official Charts Company". www.officialcharts.com (en inglés). Consultado o 2020-02-07.