Lingua urdú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Urdú")
Urdú
اردو
Falado en: Oficialmente, Paquistán e India]. Extra-oficialmente, Kuwait, Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita, Bahrein, Reino Unido, Estados Unidos, Sudáfrica e en varios outros países.
Total de falantes: 61 millóns nativos, 160 millóns en total
Posición: 19º posición como lingua nai e 2º posición contando tamén os falantes de hindi.
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Indoaria
   Idiomas hindi occidentais
    Urdú
Escrita: Alfabeto urdú
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Paquistán, india
Códigos de lingua
ISO 639-1: ur
ISO 639-2: urd
ISO 639-3: urd

O urdú (nome local : urdū / اردو) é unha lingua india pertencente ao grupo indoiranio da familia das linguas indoeuropeas.

Fálase tanto no Paquistán, onde é a lingua oficial, como no norte da India, onde é igualmente unha lingua oficial recoñecida pola Constitución. Aproximadamente 60 millóns de persoas utilízano coma primeira lingua.

Moi próximo ao hindi pola súa sintaxe e a súa morfoloxía (antes do 1947 chamábaselle hindostaní ao hindi e mais ao urdú, que constituían unha soa lingua), fixo numerosos empréstimos lexicais ao árabe e ao persa, linguas que teñen introducido dentro do seu sistema fonolóxico fonemas suplementarios. A diferenciación co hindi tende a medrar despois da separación da India e Paquistán no 1947; o urdú experimenta actualmente un re-achegamento ao persa e unha eliminación dos termos sánscritos.

Alfabeto[editar | editar a fonte]

O urdú escríbese segundo a grafía árabe-persa.

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua urdú.