Isao Takahata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isao Takahata
Nacemento29 de outubro de 1935
Lugar de nacementoIse
Falecemento5 de abril de 2018
Lugar de falecementoToquio
Causacancro de pulmón
NacionalidadeXapón
EtniaYamato
Alma máterUniversidade de Toquio
Ocupacióndirector de cinema, guionista, Intendente, diretor de animação, animador, produtor, tradutor, produtor e realizador
Coñecido porHotaru no haka
PremiosMedalha de Honra da Fita Roxa, Oficial das Artes e das Letras, Prémio Noburō Ōfuji, Art Encouragement Prizes, Mainichi Film Award for Best Animation Film, Festival de cinema de animação de Annecy e Winsor McCay Award
Na rede
IMDB: nm0847223 Allocine: 18783 Allmovie: p113540
Dialnet: 1413163 Last fm: 高畑勲 Musicbrainz: 45c221d3-91d9-4de4-9ad7-b0f3ea2deb66 Discogs: 4310407 WikiTree: 高畑-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Isao Takahata (高畑 勲 Takahata Isao?), nado o 29 de outubro de 1935 en Ujiyamada (hoxe Ise) (prefectura de Mie) e finado o 5 de abril de 2018, foi un director de cine, animador, guionista e produtor xaponés. Acadou o recoñecemento da crítica internacional polo seu traballo como director de cine de anime.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na mesma vila que o tamén director Kon Ichikawa, Ujiyamada. Takahata gradouse na Universidade de Toquio en literatura francesa en 1959.

Takahata é co-fundador de Studio Ghibli xunto co seu compañeiro Hayao Miyazaki. Dirixiu filmes con temática bélica como Hotaru no haka, o drama romántico Omohide Poro Poro, a aventura ecoloxista Heisei Tanuki Gassen Ponpoko e a comedia Hōhokekyo Tonari no Yamada-kun. O filme Hotaru no haka está considerado polo crítico de cine Roger Ebert un dos mellores filmes de guerra feito xamais.[1] No ano 1981, dirixiu as adaptación a filme e serie de animación do manga Jarinko Chie.[2] A diferenza da maioría dos directores de anime, Takahata non debuxou nin nunca traballou como animador antes de converterse en director.

Segundo Hayao Miyazaki, "música e estudo son as súas afeccións".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Roger Ebert (March 19, 2000). "Grave of the Fireflies (1988)". rogerebert.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 2006-12-26. 
  2. "Chie the Brat // Nausicaa.net". www.nausicaa.net. Consultado o 2024-02-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]