Isabel Herguera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsabel Herguera
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco
Kunstakademie Düsseldorf (en) Traducir
Instituto das Artes de California Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAnimación Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirectora de cinema , mestra , Aitzindari , artista visual , produtor , guionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
15 de setembro de 2023El sueño de la sultana (en) Traducir
Tabakalera Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1970567 Vimeo: isabelherguera Editar o valor em Wikidata

Isabel Herguera García, nada en San Sebastián en 1961, é unha artista visual, directora e produtora de animación española. A súa obra é pioneira en animación por ordenador desde a creación contemporánea distínguena como a primeira artista que realizou instalacións audiovisuais con animacións. Coñecida por dirixir a Mostra Internacional de Cinema d'Animació de Catalunya (ANIMAC), por ser nomeada ao Premio Goya á Mellor Curtametraxe de Animación por La Gallina Ciega (2006) e gañar o Premio Unicef de Curtametraxes e Documentais en Bilbao en 2012.

Biografía[editar | editar a fonte]

Herguera estudou na Facultade de Belas Artes en Bilbao.[1] Proseguiu os seus estudos na Academia de Belas Artes de Düsseldorf, en Alemaña, e posteriormente viaxou a Estados Unidos onde realizou un máster no Instituto das Artes de California (CALARTS).[2] Foi alí onde comezou a súa traxectoria profesional, traballando durante varios anos en estudos de animación de Os Ánxeles.

A mediados da década dos 90, fundou o seu estudo de animación Loko Pictures,[3] xunto a Satinder Singh, onde realizaron proxectos publicitarios. En 2003, Herguera volveu a San Sebastián, ocupándose desde entón de dirixir a Mostra Internacional de Cinema d'Animació de Catalunya até 2011.[4] Estando baixo a súa dirección, o certame recibiu o Premio Nacional de Audiovisual do Consell Nacional da Cultura i de lles Arts (CONCA) en 2009.[1]

Desde 2007, deseña e coordina o programa Laboratorio de Imaxe en Movemento en Arteleku, centro de arte creada pola Deputación Foral de Guipúscoa en 1987.[5] Imparte regularmente talleres sobre animación no National Institute of Design (NID) en Ahmedabad, India desde 2005. Tamén é docente no Central Academy of Fine Arts (CAFA) en Pequín, China.[6] En 2011 recibiu o premio a Mellor curto con Ámár, na sección Anímache do  X Festival de cine Cortomieres (Mieres, Asturias).[7] En 2013, participou no festival Animacam.[8]

No Congreso de Cine Vasco que montou a Filmoteca vasca durante o verán de 2014, Herguera participou como xurado, onde se reuniu con outros directores da chamada xeración Kimuak.[9] Kumuak, que en éuscaro fai referencia a planos de rodaxe, é unha plataforma pública que selecciona todos os anos unha mostra de proxectos e curtametraxes en base á súa calidade, orixinalidade e risco, ademais de estar rodado en éuscaro e realizado por técnicos e actores locais.

Con Amore d'inverno (2015, Euskadi), unha película de animación de menos de 10 minutos, gañou o Gran Premio do Cine Vasco 2015.[10] Tamén recibiu unha mención especial do xurado no Imaginaria Film Festival 2016.[11]

Na sección Oficial do I Festival Internacional Dona i Cinema (2016) Herguera recibiu a Mención á Mellor Curtametraxe de Animación Ámár.[12]

Participou como xurado na sección ANIMAFICX do Festival de Cine de Xixón 2016.[13] En 2017 participou no Festival de Animación de Annecy, na sección de curtametraxes co seu proxecto Kutxa Beltza.[14]

A súa primeira longametraxe de animación El Sueño de la Sultana presentouse no Festival Internacional de Cine de San Sebastián de 2023, onde competiu pola Concha de Ouro. A película está baseada no clásico homónimo da literatura feminista de ciencia ficción The Sultana's Dream escrito en 1905 por Rokeya Sakhawat Hossain, unha feminista musulmá.[15]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2024: o Festival Internacional de Cine de Animación de Cataluña concedeulle un premio honorífico en Animac 2024.[16]
  • 2023ː Premio Irizar ao cine vasco – Festival internacional de cine de San Sebastián.[17][18]
  • 2023ː Premio da Asociación Vasca de Guionistas Euskal Gidoigileen Elkartea – Festival internacional de cine de San Sebastián.[19]

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • 1988 – Spain loves you.
  • 1989 – Safari.
  • 1989 – Cante de ida y vuelta.
  • 1993 – Los muertitos.
  • 2005 – La gallina ciega. Nomeada aos Premios Goya en 2006.[20]
  • 2010 – Ámár.
  • 2012 – Bajo la almohada.
  • 2016 – Sailor's Grave.
  • 2016 – Winter Love.
  • 2023 – El sueño de la sultana

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Festival de San Sebastián". Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  2. Marvin&Wayne. "Isabel Herguera - Marvin&Wayne Short Films". Marvin&Wayne (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  3. "Isabel Herguera en FILMIN". 
  4. "Isabel Herguera – Great Women Animators" (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  5. "Isabel Herguera — Animac" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2020. Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  6. "Prof. Isabel Herguera - KHM" (en alemán). Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  7. "Festival de Cine Cortomieres". 
  8. Coruña, La Opinión A. "Más que dibujos animados". Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  9. "Cine vasco: fuerte entre las flores". El Diario Vasco (en castelán). 12 de outubro de 2014. Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  10. Vasca, EiTB Radio Televisión Pública. "El corto belga 'Renaître' gana el gran premio del festival Zinebi" (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  11. "‘Psiconautas’, mejor película de animación en el festival italiano Imaginaria 2016". Audiovisual451 (en castelán). 29 de agosto de 2016. Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  12. "La cineasta Fina Torres y su película “Habana Eva” ganan el premio a la Mejor Producción de Largometraje". elperiodic (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  13. "La película búlgara 'Glory', mejor largometraje del Festival de Cine de Gijón 2016". La Vanguardia. Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  14. S.L., EDICIONES PLAZA,. "La película de animación 'made in València' Animal Crackers, única española que compite festival de Annecy" (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  15. "“EL SUEÑO DE LA SULTANA” EN LA SECCIÓN OFICIAL DE SAN SEBASTIÁN. PRIMERA PELÍCULA DE ANIMACIÓN EUROPEA EN CONSEGUIRLO | El Blog de Cine Español" (en inglés). 14 de xullo de 2023. Consultado o 14 de xullo de 2023. 
  16. AV451, Redacción (12 de xaneiro de 2024). "La cineasta Isabel Herguera, premio honorífico en Animac 2024" (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2024. 
  17. "El cine vasco cosecha éxitos en el Festival de Cine de Donostia" (en castelán).  Parámetro descoñecido |apellido= ignorado (suxírese |apelidos=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |sitioweb= ignorado (suxírese |páxina-web=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  18. https://www.eitb.eus/es/cultura/cine/festival-san-sebastian/videos/detalle/9320884/video-el-sueno-de-sultana-de-donostiarra-isabel-herguera-se-lleva-premio-irizar/
  19. "PREMIO EUSKAL GIDOIGILEEN ELKARTEA SARIA – 71SSIFF | Gidoi" (en castelán).  Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  20. "La gallina ciega » Premios Goya 2019" (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]