Illas Tanimbar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illas Tanimbar
Vista da illa
Datos
Capital Saumlaki
País Indonesia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Molucas
Linguas
Poboación (2009) 60.000 hab.
Superficie 5.500 km²
Densidade
Coordenadas 7°30′S 131°30′L / -7.500, -131.500
Maior Altura
Localización
Localización da illa
Cacatúa de Tanimbar

As Tanimbar (ou Timor Laut) son un grupo de 66[1] illas pertencentes a Indonesia, dentro da provincia das Molucas.

De 5.500 km² e uns 60.000 habitantes, atópanse entre Timor e Nova Guinea. A illa principal é Yamdena, de 2.900 km², onde se atopa Saumlaki, a localidade máis importante; outras das maiores illas son Selaru e Larat. Nelas cultívanse millo, arroz, batata, manga e papaia. Tamén hai pesca de nácara e trepang.

Como o resto de illas orientais indonesias, as Tanimbar pertencen a área da Liña de Wallace (Wallacea), de grande interese científico pola súa rica biodiversidade, ao ser illas situadas entre o Sueste asiático e Oceanía. Atópanse especies como a rara cacatúa de Tanimbar (Cacatua goffini), a curuxa de Tanimbar (Tyto sororcula) ou o Tiliqua Scincoides chimaerea.

As illas Tanimbar foi de sempre unha área illada. Aínda que nominalmente holandesa durante séculos, os holandeses non a pacificaron ata comezos do século XX. Ata 1979 cada vila gobernábase arredor dun gobernante hereditario.[2]

Relixión[editar | editar a fonte]

Segundo o censo indonesio o 71% da poboación é cristián e o 29% musulmá [3] En 1892 estableceuse no arquipélago o primeiro pastor protestante e para 1920 dous terzos da poboación era protestante, os católicos que chegaran en 1910 constituían o resto da poboación, e apenas había musulmáns na rexión[4],

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Susan McKinnon From a Shattered Sun: Hierarchy, Gender, and Alliance in the Tanimbar Islands, 1991, ISBN 0299131548, páxina 4
  2. David G. Anderson e Eeva K. Berglund Ethnographies of Conservation, 2004 ISBN 1571816968, páxina 53
  3. En Indonesia, estatisticamente, clasifícase como musulmá a calquera persoa que non indique pertenza a unha das principais relixións do país.
  4. Karel Steenbrink Catholics in Indonesia 1808-1942, 2003, ISBN 9067182605, páxina 206