Illas Babar
| Illas Babar | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Indonesia |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Molucas |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | 5.000 hab. aprox. |
| Superficie | 820 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 7°55′S 129°45′E / 7.917°S 129.75°E |
| Maior Altura | 750 m. |
| Localización | |
As illas Babar son un arquipélago das Illas menores da Sonda, en Indonesia.
Xeografía [editar]
As illas Babar forman parte das Molucas e atópanse preto de 2000 quilómetros ao nordés de Iacarta, no mar de Banda a uns 500 km ao sur da illa principal de Ambón e uns 500 km ao norte de Australia. As coordenadas xeográficas son 7 ° 55 'S e 129 ° 45' E
O arquipélago ten unha superficie de aproximadamente 820 km². Inclúe 6 grandes illas, a maior é Babar, con un diámetro de pouco mais de 30 km. e unha altitude máxima de 750 m. a illa está cuberta en gran parte pola selva tropical, e é de orixe volcánico.
As illas máis grandes son:
- Babar, a illa principal, de uns 32 km de diámetro,
- Dai
- Dawelor
- Dawera
- Masela
- Wetan
As illas Babar teñen uns 5.000 habitantes, dividida en dous distritos Babar North e Babar Southeast ten algunhas aldeas dispersas ao longo da costa.
Entre Decembro e Abril a choiva é tan abundante que o millo, bananas, mandioca e o arroz vermello crecen abundantemente, sen rego.
Historia [editar]
As illas Babar foron habitadas por melanesios probablemente xa ao redor do 1500 aC. Ao redor de 1623 fíxose cargo da área a Vereena Oostindische Compagnie (Compañía Holandesa das Indias Orientais).
Os Países Baixos mantiveron o control sobre as illas, fóra dun breve tempo durante a Segunda Guerra Mundial, cando a zona foi ocupada por Xapón, ata a independencia de Indonesia 1949.