Illa de Adonara
| Adonara | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Sagu |
| País | Indonesia |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Illas da Sonda |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | 60.000 hab. |
| Superficie | 518 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 8°15′S 123°09′E / 8.250°S 123.150°E |
| Maior Altura | 1.695 m. Ili Boleng |
| Localización | |
Adonara (Indonesio : Pulau Adonara) é unha 'illa' Indonesia, que forma parte de Illas menores da Sonda. A illa, que ten uns 60.000 habitantes, administrativamente forma parte da provincia de Nusa Tenggara Oriental.
Xeografía[editar]
A illa está situada entre a illa de Flores, ao oeste e a illa de Lomblen, ao leste (que separa o Estreito de Lamakera). Xunto a estas dúas illas, e outras minores forman o Arquipélago de Solor. Adonara ten unha superficie de aproximadamente 518 km² e unha costa de 104,6 km. Na súa maioría montañosa, na illa atopase o monte máis alto de todo o arquipélago (Ili Boleng de 1659 metros).
Economía[editar]
A economía baséase principalmente na "Agricultura (arroz, millo, coco) e a pesca. A cidade principal é Sagu, situada na costa norte.
Historia[editar]
A illa tamén é coñecida polo alcume de Illa dos asasinos, porque no pasado prolongouse durante centos de anos pelexas entre as nacións da costa e a poboación das montañas, que causou moitas vítimas.