Illa da Revolución de Outubro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa da Revolución de Outubro
Vista da illa
October Revolution Island.svg
Datos
Capital
País Rusia
Localización Océano Ártico
Arquipélago Severnaya Zemlya
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 14.170 km²
Densidade
Coordenadas 79°30′N 97°30′E / 79.500°N 97.500°E / 79.500; 97.500
Maior Altura 965 m. Monte Karpinski
Localización
Localización  da illa

A illa da Revolución de Outubro (en ruso остров Октябрьской Революции, óstrov Oktiàbrskoi Revoliútsii) é a principal do arquipélago ruso da Terra do Norte, no Ártico, situada entre as illas Komsomólets e Pioner ó norte e a illa Bolxevic o sur.

Foi explorada por primeira vez pola expedición de Gueorgui Uixàkov e Nikolai Urvantsev (1930-1932), que foron quen lle deron este nome en honor da Revolución Rusa. Segundo un decreto aprobado o 1 de decembro de 2006 polo extinto goberno rexional de Taimiria, a illa foi renomeada illa de Santa Alexandra (остров Святой Александры, óstrov Sviatoi Aleksandri) en honor da tsarina Alexandra, asasinada durante a revolución bolxevique.

Ten unha superfície estimada de 14.170 km², é a 59 máis grande do mundo. O punto máis alto é o monte Karpinski, de 965 m. A metade da illa esta cuberta por glaciares que desembocan no mar. Nas partes libres de xeo, a vexetación é de tipo desértico ou de tundra.

A illa da Revolución de Outubro ten cinco glaciares principais: Rusánov, Karpinski, Universitetski, Vavílov e Albánov, e o de Maliutka, máis pequeno. De 1974 a 1988, na parte norte do glaciar Vavílov funcionou unha estación meteorolóxica. Entre os glaciares discorren diversos rios, o principal dos cales é o Bolxaia, en dirección noroeste.