Illa Bolxevique
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A illa Bolxevique (en ruso остров Октябрьской Большеви́к, óstrov Bolxevik) é a máis meridional do arquipélago ruso da Terra do Norte, no Ártico, situada ó sudeste da illa da Revolución de Outubro, da cal está separada polo estreito de Xokalski, e é a segunda illa máis grande do grupo.
Foi explorada por primeira vez pola expedición de Gueorgui Uixàkov e Nikolai Urvantsev (1930-1932), que foron os que lle deron este nome en honor dos bolxeviques, os primeiros comunistas rusos. Segundo un decreto aprobado o 1 de decembro de 2006 polo extinto goberno rexional de Taimiria, a illa foi renomeada illa de Santa Olga (остров Святой Ольги, óstrov Sviatoi Olgui) en honor da gran duquesa Olga, asasinada durante a Revolución Rusa.
Ten unha superficie estimada de 11.312 km². É montañosa, cunha altitude máxima de 935 m. Un 30% da illa está cuberta de glaciares (Leningrad, Semiónov – Tian Xanski e Kropotkin), mentres que as zonas costeiras teñen una vexetación espesa de brión e liques. Aloxa a base ártica Prima.