Illa Huahine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Huahine
Vista da illa
Huahine ISS006.jpg
Datos
Capital Fare
País Francia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas da Sociedade
Linguas
Poboación (2007) 5.999 hab.
Superficie 74´8 km²
Densidade 80 hab/km²
Coordenadas 16°44′S 151°02′W / 16.733°S 151.033°W / -16.733; -151.033
Maior Altura 669 m. Monte Turi
Localización
Localización  da illa

Huahine é unha das illas de Sotavento do arquipélago das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. É a illa máis oriental do grupo, situada a 175 ao oeste de Tahití.

A illa está formada por dúas penínsulas montañosas, Huahine Nui (Gran Huahine) e Huahine Iti (Pequena Huahine), unidas por un estreito istmo que separa as baías de Maroe e Bourayne. Huahine Nui ten unha altitude de 669 m no monte Turi, e Huahine Iti culmina a 462 m no monte Pohuerahi. A illa está rodeada completamente por un escollo coralino, que está a unha media de 2 km da costa, e forma unha lagoa estreita accesible por dous pasos ao leste e dous ao oeste. A superficie total é de 75 km²;.

A poboación total era de 5.999 habitantes no censo do 2007, distribuída en oito vilas: Fare (a capital), Maeva, Faie, Fitii, Parea, Tefarerii, Haapu e Maroe. A actividade principal é o cultivo de vainilla, a produción de copra, a pesca e o turismo.

En Huahine atópase unha das máis grandes concentracións de restos arqueolóxicos polinesios datadas entre o 850 dC e 1100 dC. O primeiro europeo en explorala foi o inglés James Cook en 1769. Antigamente era denominada Matairea, que significa «brisa ditosa». O nome Huahine significa literalmente «sexo de muller». Probablemente poderíase traducir como «muller embarazada» xa que o perfil do monte Tavaiura fai pensar nunha muller embarazada tombada. Domingo Bonaechea en 1775, chamouna A Fermosa. Hoxe en día coñécese co sobrenome de «a illa da muller». Mapa da illa