Illa Cooper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Cooper
Vista da illa
Localización da illa
Situación
PaísReino Unido Reino Unido
ArquipélagoIllas Virxes
MarMar Caribe
Coordenadas18°23′N 64°30′O / 18.383, -64.500Coordenadas: 18°23′N 64°30′O / 18.383, -64.500
Xeografía
Superficie2 km²
Longura máxima2´4 km.
Largura máxima0´8 km.
Punto máis alto520 m.
Demografía
PoboaciónNon permanente

A Illa Cooper (inglés Cooper Island) é unha illa no arquipélago das Illas Virxes Británicas no mar Caribe pertencentes ao Reino Unido.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A Illa Cooper atópase no mar Caribe a uns 8 km ao sur da illa principal de Tórtola e a menos de 1 km ao leste de Illa Salt. A illa é de orixe volcánica e ten unha superficie duns 2 km², cunha lonxitude duns 2,4 quilómetros e preto de 0,8 km de ancho. A maior elevación é de aproximadamente 520 m.

A illa non ten poboación residente, pero en Manchioneel Bay o norte da illa hai cinco propiedades privadas, ademais dun pequeno resort de club de praia. Cooper Island Beach Club ten 12 cuartos de hotel, un restaurante, un bar de rons, cafetería, cerxaría con enerxía solar e tenda de agasallos. As instalacións están abertas a hóspedes, visitantes do día e iates empregando os amarres próximos. A baía de Manchioneel conta con 30 boias de amarre que acollen embarcacións de ata 60 metros.

Á illa só se pode chegar por barco, e é un lugar de excursións moi popular.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa Cooper foi descuberta 1493 por Cristovo Colón, durante a súa segunda viaxe ao Novo Mundo. En 1672 a illa incorporouse á colonia británica de Antiga. En 1773 converteuse con outras illas no territorio das Illas Virxes Británicas.

O turismo e a única fonte de ingresos da illa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]