Illa Salt, Illas Virxes Britanicas
| Illa Salt, Illas Virxes Britanicas | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Reino Unido |
| Localización | Mar Caribe |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Non Permanente |
| Superficie | 1´5 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 18°22′N 64°31′W / 18.367°N 64.517°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Illa Salt (inglés Salt Island) é unha illa no arquipélago das Illas Virxes Británicas no Mar Caribe pertencentes ao Reino Unido.
Xeografía [editar]
Illa Salt atópase no Mar Caribe a 10 km ao sueste da illa principal de Tórtola.
A illa é de orixe volcánica e ten unha superficie de ao redor de 1´5 km².
Á illa só se pode chegar por barco, e é un lugar de excursión moi popular, especialmente para o mergullo: os restos do naufraxio do buque de carga "RMS Rhone» está considerado entre os mellores puntos de mergullo nas augas do Mar Caribe.
Historia [editar]
A illa Salt foi descuberta en 1493 por Cristovo Colón, durante a súa segunda viaxe ao Novo Mundo.
O nome provén dos lagos de sal, que anteriormente constituía unha fonte importante de sal para a Armada británica: a "Royal Navy".
En 1672 a illa incorporouse á colonia británica de Antiga.
En 1773 converteuse con outras illas no territorio das Illas Virxes Británicas.
O 29 de outubro 1867 afundiuse o buque de carga "RMS Rhone» durante unha tormenta fronte á costa oeste.
O turismo é a única fonte de ingresos da illa.