Igrexa de Santa María de Bemil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Santa María de Bemil
Igrexa de Santa María de Bemil
Datos xerais
PaísEspaña
TipoIgrexa parroquial
AdvocaciónSanta María
LocalizaciónBemil (Caldas de Reis)
Coordenadas42°37′07″N 8°38′54″O / 42.61873333, -8.64841944Coordenadas: 42°37′07″N 8°38′54″O / 42.61873333, -8.64841944
Culto
CultoCatólico
DioceseTui-Vigo
Arquitectura
Construciónséculo XII
EstiloRománico
Sta Mª de Bemil en Galicia
Sta Mª de Bemil
Sta Mª de Bemil
Localización de Santa María de Bemil.
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Santa María de Bemil é o templo parroquial de Bemil (Caldas de Reis), de estilo románico do século XII.

Características[editar | editar a fonte]

Conserva parte do frontispicio occidental románico (estrutura xeral e o rosetón superior).[1] Porén, a portada románica foi suprimida e substituída por un sinxelo van. A torre-campanario do costado moderno é barroca. O rosetón trátase dun óculo circular rodeado por arquivoltas baquetonadas e nos vans das súas trazarías debuxáronse unha estrela central rodeada por tetrafolias.[2] Tamén consérvase a potente ábsida do século XII, que aínda que é sinxela, mostra a elegancia das formas románicas na súa planta semicircular con dúas columnas entregas e un ventanal no pano central. Os muros refeitos, na parte dianteira, conservan canzorros románicos sobre unha sinxela porta de arco semicircular. A capela da cabeceira comunica coa nave mediante un arco triunfal de ferradura.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Elentir. "Iglesia de Santa María de Bemil" (en castelán). Consultado o 04/09/2015. 
  2. Arteguias.com. "Caldas de Reis" (en castelán). Consultado o 04/09/2015. 
  3. Turgalicia. "Igrexa de Santa María de Vemil". Consultado o 04/09/2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]