Idris Elba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Idris Elba
Idris Elba.jpg
Elba en novembro de 2007
Nacemento Idrissa Akuna Elba
6 de setembro de 1972 (42 anos)
Hackney, Londres, Inglaterra Inglaterra
Outros nome(s) DJ Big Driis
Big Driis the Londoner
Profesión Actor, artista hip-hop, DJ
(1995-presente)
Cónxuxe(s) Dormowa Sherman (1997 - 2001) (divorciado)
Fillo(s) Isan Elba
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Idrissa Akuna "Idris" Elba nado en Hackney (Londres) o 6 de setembro de 1972, é un actor inglés de televisión, teatro e cinema. Comezou a súa traxectoria en Estados Unidos. O seu papel máis coñecido é o de Russell "Stringer" Bell, un traficante de drogas que aspira a se converter nun home de negocios na serie The Wire.

Elba é tamén un DJ que traballa baixo o alcume de DJ Big Driis ou Big Driis the Londoner. Asemade, é cantante de hip-hop e soul.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun serraleonés e unha ghanesa, Idris medrou en Hackney, ó leste de Londres. Dende moi novo comezou a facer os seus primeiros traballos como DJ formando varios grupos con algúns amigos.

Ós dezaseis anos deixou a escola e entrou na National Youth Music Theatre. Simultaneamente, e para pagar a matrícula, traballou de DJ en varios clubs nocturnos e audicionou para pequenos papeis na televisión.

En 1992 comezou a facer papeis fugaces en dramas británicos ata que decidiu mudarse a Nova York. Xa nos Estados Unidos, actuou en pequenos papeis de cinema, entre eles Buffalo Soldiers (2001) con Joaquín Phoenix e Ed Harris. Tamén participou en videoclips de Fat Joe e Angie Stone.

Despois da súa aparición en Law & Order, formou parte do reparto da serie policial The Wire que deu un pulo importante á súa carreira. Despois, conseguiu papeis secundarios en filme como 28 Weeks Later, American Gangster e RocknRolla. Tamén participou en varios episodios da serie de Steve Carrel The office no 2009.

No 2010 participou nos filmes The Losers e Takers ademais de protagonizar a serie Luther.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]