Hylobatidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xibóns[1][2]
Rango fósil: Mioceno - Presente
Os xibóns de mans brancas (Hylobates lar)
Os xibóns de mans brancas (Hylobates lar)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Superfamilia: Hominoidea
Familia: Hylobatidae
Gray, 1870
Distribution no surés asiático

Distribution no surés asiático
Genera

Hylobates
Hoolock
Nomascus
Symphalangus

Os xibóns son Hominoideos da familia Hylobatidae. Historicamente a familia tense clasificado nu só xénero mais agora está clasificada en catro xéneros. Os xibóns habitan trópicos e rexión subtropicais de Sumatra, Borneo e Xava.

Téñense denominado simios menores. Distínguense dos grandes simios (chimpancés, gorilas, orangutáns, bonobos e humanos) en ser máis pequenos, mostrar menor dimorfismo sexual, en non facer niños e en ter características atómicas que os asemellan máis aos monos ca aos grandes simios. Igual que outros simios, non teñen rabo. Os xibóns teñen unha alta capacidade locomotora, de bracear de póla a póla a longas distancias e a altas velocidades (mesmo ata acadar saltos de 15 metros a velocidade de 55 km/h). Chegan a facer saltos de ata 8 metros. Son quen de andar bipedalmente coas súas mans levantadas para manter o balanzo. Ao contrario que outros Hominoidea, teñen parellas estables.

Dependendo da especie e do seu sexo, a pel dos xibóns cambia de negra, pasa por roxa e chega a un amarelo claro ou branco. É infrecuente ver un un xibón totalmente branco de pel.


Historia evolutiva[editar | editar a fonte]

A data da aparición evolutiva dos xéneros é complexa de elucidar[3] A mellor estimación actual pon a Nomascus diverxendo dos outros tres xéneros hai 7 millóns de anos. A nivel de especie, Hylobates pileatus diverxeu de H. lar e H. agilis hai 3.9 millóns de anos, e H. lar e H. agilis separáronse hai 3.3 millóns de anos. Os extintos Bunopithecus sericus foron xibóns ou primates semellantes a xibóns que, até hai nada, se pensaba que estaban máis relacionados cos xibóns hoolock[2].

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A familia está dividida en catro xéneros baseándose en estudo dos seu número de cromosomas diploides: Hylobates (44), Hoolock (38), Nomascus (52), e Symphalangus (50).[2][4]

  • Familia Hylobatidae: xibóns[1][5]
    • Xénero Hylobates
      • H. lar
        • H. l. lar
        • H. l. carpenteri
        • H. l. entelloides
        • H. l. vestitus
        • H. l. yunnanensis
      • H. albibarbis
      • H. agilis
      • H. muelleri
        • H. m. muelleri
        • H. m. abbotti
        • H. m. funereus
      • H. moloch
        • H. m. moloch
        • H. m. pongoalsoni
      • H. pileatus
      • H. klossii
    • Xénero xibón Hoolock
      • Hoolock hoolock
      • Hoolock leuconedys
    • Xénero Symphalangus
      • S. syndactylus
    • Xénero Nomascus
      • N. annamensis
      • N. concolor
        • N. c. concolor
        • N. c. lu
        • N. c. jingdongensis
        • N. c. furvogaster
      • N. nasutus
      • N. hainanus
      • N. leucogenys
      • N. siki
      • N. gabriellae

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Wilson, Don; Reeder, DeeAnn, eds (2005). Mammal Species of the World (3ª edición). Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2 vols. (2142 pp.). ISBN 978-0-8018-8221-0.
  2. 2,0 2,1 2,2 Mootnick, A.; Groves, C. P. (2005). "A new generic name for the hoolock gibbon (Hylobatidae)". International Journal of Primatology 26 (26): 971–976. DOI:10.1007/s10764-005-5332-4.
  3. Matsudaira K, Ishida T (2010) Phylogenetic relationships and divergence dates of the whole mitochondrial genome sequences among three gibbon genera. Mol. Phylogenet. Evol.
  4. Geissmann, Thomas (December 1995). "Gibbon systematics and species identification" (PDF). International Zoo News 42: 467–501. http://gibbons.de/main/papers/pdf_files/1995gibbon_systematics_big.pdf. Consultado o 2008-08-15.
  5. Thomas Geissmann. "Gibbon Systematics and Species Identification". Ch.3: "Adopting a Systematic Framework" Retrieved: 2011-04-05.