Hugo Bueno
Hugo Bueno | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Hugo Bueno López | ||
Nacemento | 18 de setembro de 2002 | ||
Lugar de nacemento | Vigo | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Lateral esquerdo | ||
Información de club | |||
Club actual | Wolverhampton Wanderers | ||
Número | 17 | ||
Carreira xuvenil | |||
–2014 | Gondomar | ||
2014–2016 | Areosa | ||
2016–2017 | Val Miñor | ||
2017–2019 | Areosa | ||
2019–2022 | Wolverhampton Wanderers | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2022– | Wolverhampton Wanderers | 26 | (0) |
Selección nacional | |||
2020 | España sub-18 | 1 | (0) |
2023 | España sub-21 | 1 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 16 de setembro de 2023. Selección: actualizado a 16 de setembro de 2023.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Hugo Bueno López, nado en Gondomar o 18 de setembro de 2002, é un futbolista galego que xoga como lateral esquerdo no Wolverhampton Wanderers da Premier League inglesa. É irmán xemelgo de Guille Bueno, xogador do Borussia Dortmund II.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar ao fútbol xunto ao seu irmán xemelgo Guille no Gondomar do seu concello natal. Axiña comezou a destacar e en idade alevín foi seleccionado para representar á selección viguesa sub-12 no Campionato Galego de Seleccións.[2] En idade cadete pasou xunto a Guille á canteira do Areosa, no que xogaron nos seguintes anos coa excepción dun intervalo no ED Val Miñor.[3] Durante a tempada 2018/19 compaxinou o equipo xuvenil do Areosa, da Liga Nacional, co xuvenil do Comesaña, na Liga Galega.
En 2019 deixou Galicia e ingresou na canteira do Wolverhampton Wanderers inglés.[4][5][6] Separouse así por primeira vez de seu irmán, que continuou un ano máis no Areosa antes de fichar polo Deportivo da Coruña Xuvenil.[7] En Wolverhampton, Hugo xogou nos equipos sub-18 e sub-23 do club durante tres anos, coincidindo cos tamén galegos Jonny Otto e Erik Bugarín.[7][8] O 15 de outubro de 2022, debutou co primeiro equipo na Premier League, substituíndo ao franco-alxeriano Rayan Aït-Nouri no tempo de desconto da vitoria por 1-0 sobre o Nottingham Forest no Molineux.[9] Saíu de titular na seguinte xornada e continuou na titularidade durante varias xornadas. Finalizou a súa primeira campaña na Premier con 21 partidos disputados, aos que sumou un na FA Cup e outro na EFL Cup.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
O 26 de febreiro de 2020, debutou coa selección española sub-18, na vitoria por 2-1 contra Dinamarca. En setembro de 2023 recibiu a súa primeira convocatoria coa selección sub-21,[10] debutando con esta nun partido ante Escocia no Nuevo Estadio de la Victoria de Xaén.[11]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Otero, Marcos (16 de agosto de 2021). "Guille Bueno y una historia enrevesada". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ "Los alevines Brais Val y Gonzalo convocados para el Campeonato Gallego de Selecciones" (en castelán). 9 de maio de 2014. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ Refojos, Borja (4 de xullo de 2022). "El futuro, dos veces Bueno" (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ Gil, Dani (3 de febreiro de 2023). "Hugo Bueno interview: Everybody picks me in fantasy football – even Joao Moutinho" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2023. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ Lara, Miguel Ángel (12 de xullo de 2020). "Hugo Bueno: la familia y uno más". Marca (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ Keen, Liam (23 de xullo de 2022). "Four Wolves players out to make their mark in Spain" (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ 7,0 7,1 "Hugo Bueno, del Areosa a los Wolves sin escalas". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de febreiro de 2022. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ Antelo, Iván (19 de outubro de 2022). "Hugo Bueno, jugador gallego de los Wolves: «Estoy encantado por debutar en la Premier, pero quiero más»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ "Wolves' match-winner Ruben Neves alerted his team-mates to the pre-match social media wind-up that backfired badly on Nottingham Forest at Molineux". BBC (en inglés). 15 de outubro de 2022. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ "Gabri Veiga y el gondomareño Hugo Bueno, convocados con la selección sub 21" (en castelán). 1 de setembro de 2023. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ "'La Rojita' vence a Escocia con minutos para Guerra y Diego López" (en castelán). 11 de setembro de 2023. Consultado o 16 de setembro de 2023.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).