Nuevo Estadio de la Victoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nuevo Estadio de la Victoria
Nuevo Estadio de la Victoria.jpg
Partido entre o Real Jaén e o CD Linares
Datos
Localización Xaén, Epaña
Construción
Inauguración 29 de agosto de 2001
Estadio
Superficie Céspede natural
Dimensións 107 x 67,5 m
Capacidade 12.600
Localía Real Jaén CF
Eventos
  • España-Portugal (2-1) de seleccións sub'21

O Nuevo Estadio de la Victoria é un estadio de fútbol situado na cidade de Xaén, España. Foi inaugurado o 29 de agosto de 2001, en substitución do antigo estadio de la Victoria. É utilizado polo Real Jaén Club de Fútbol que milita en Segunda División.

Historia[editar | editar a fonte]

Inaugurouse o 29 de agosto de 2001, celebrándose o primeiro partido oficial o 2 de setembro. Ata entón, o Real Jaén disputaba os seus partidos no vello Estadio de la Victoria. O partido inaugural, de Segunda división, enfrontou ao Real Jaén co Poli Ejido, e acabou con vitoria por 3 a 1 do equipo xiennense. O primeiro gol oficial marcado no estadio foi obra de Goran Milošević no minuto 10, no lanzamento dunha falta cometida sobre Jurado no bordo da área. Os outros dous goles do Jaén foron obra de Jurado e Rueda, mentres que o gol ejidense marcouno Cañas.

Pola súa localización nos arredores de Xaén, e polas súas dimensións, o estadio énchese moito menos que o seu predecesor, o que unido á distancia desde as bancadas ao terreo de xogo, fai que o equipo non senta tan arroupado como o fixese no vello estadio.

O seu primeiro aforamento completo produciuse na fase de ascenso a Segunda División de 2009, cando se enfrontou á SD Ponferradina na segunda eliminatoria, gañando por 1 a 0 con gol de Joseba Arriaga, o que supuxo o paso á terceira e última rolda.[1] No seguinte partido, contra o Villarreal B, por primeira vez ampliouse o aforamento con bancadas supletorias ata conseguir 4.650 localidades máis.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A 180 minutos da gloria - www.realjaen.com - Consultado o 7 de xuño de 2009
  2. Haberá gradas supletorias para o domingo - www.realjaen.com - Consultado o 17 de xuño de 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nuevo Estadio de la Victoria