Historia da República Checa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As terras checas emerxeran nos fins do século IX cando foran unificadas polos Premislides (premyslids). O reino da Boemia foi unha potencia rexional con significado, máis conflitos relixiosos como as Guerras Hussitas do século XV e a Guerra dos Trinta Anos do século XVII foran devastadoras. Máis tarde, a Boémia caeu sobre influencia dos Habsburgos e pasou a facer parte da Austria-HungrÍa.

Despois do colapso deste estado, que se seguiu A Primeira Guerra Mundial, os checos e os seus veciños eslovacos xuntáranse e formaran a república independente da Checoslovaquia en 1918. Este xove país contiña unha minoría alemá de grandes dimensións, o que iría levar á disolución da Checoslovaquia cando a Alemaña anexou a minoría por vía do Acordo de Munique en 1938, e a Eslovaquia tamén se separou. O estado checo remanescente foi ocupado polos alemáns en 1939.

Despois da Segunda Guerra Mundial, a Checoslovaquia caeu na esfera de influencia soviética. En 1968, unha invasión de tropas do Pacto de Varsovia pon fin aos esforzos dos líderes do país para liberalizar o réxime e crear un "socialismo de rostro humano", durante a Primavera de Praga.

En 1989, a Checoslovaquia recuperou a liberdade por vía dunha "Revolución de Veludo" pacífica. A 1 de xaneiro de 1993, o país separouse en dous pacificamente, resultando en repúblicas independentes checa e eslovaca.

A República Checa aderiuse á OTAN en 1999 e á Unión Europea no 2004.