Hetty Green

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHetty Green

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de novembro de 1834 Editar o valor em Wikidata
New Bedford, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xullo de 1916 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaVermont Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNew Bedford (pt) Traducir
Londres
Manhattan
Nova York
Nova Jersey Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónSociedade Relixiosa dos Amigos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfinanceiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosHarriet Sylvia Ann Howland Green Wilks (en) Traducir, Edward Howland Robinson Green (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisEdward Mott Robinson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Abbigale "Abby" Slocum Robinson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Robinson-15347 Find a Grave: 415 Editar o valor em Wikidata

Henrietta Howland Robinson, nada en New Bedford (Massachusetts) o 21 de novembro de 1834 e finada en Nova York o 3 de xullo de 1916, máis coñecida como Hetty Green e alcumada «A bruxa de Wall Street», foi unha empresaria estadounidense.[1] Foi unha vez a muller máis rica de América durante a idade dourada. A pesar da súa gran fortuna, Green era extremadamente avara; vestía e vivía case como unha esmoleira e mesmo foi incluída no libro Guinness dos récords como a máis avara do mundo.[2]

Green acumulou a súa fortuna como financeira, principalmente traballando no sector inmobiliario, os ferrocarrís e nos préstamos, nunha época en que o negocio estaba dominado na súa maioría por homes.[3] Despois da súa morte, The New York Times declarou que "foi o feito de que a Sra. Green era unha muller o que converteu a súa carreira nun tema de curiosidade, comentarios e asombro interminables".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Henrietta "Hetty" Howland Robinson naceu en 1834 en New Bedford, Massachusetts, filla máis vella de Edward Mott Robinson e Abby Howland. Hetty tamén tivo un irmán máis novo que morreu na infancia.[4] A familia Robinson era unha das máis ricas da cidade, involucrada no negocio baleeiro e o comercio coa China.[5]

Á idade de dous anos, Hetty foi enviada a vivir co seu avó materno, Gideon Howland, e a súa tía, Sylvia Ann. Hetty lía as cotizacións da bolsa e os informes comerciais do seu avó, ademais de aprender algúns dos seus métodos comerciais. Debido á influencia do seu avó e do seu pai, e posiblemente debido a que a súa nai estaba constantemente enferma, sempre estivo moi unida ao seu pai e para a idade de seis anos lía documentos financeiros, mentres que polas noites lía as noticias.

Á idade de dez anos, ingresou ao internado Eliza Wing School en Sandwich, Massachusetts. Cando tiña trece anos, Hetty converteuse na contadora familiar e acompañaba o seu pai ás casas de cálculo, aos almacéns e a visitar comerciantes de produtos básicos e corretores de bolsa. O seu pai converteuse no xefe da empresa baleeira Isaac Howland trala morte do seu avó, e Hetty comezou a emular as prácticas comerciais do seu pai. Hetty aprendeu a ler libros de contabilidade e a comerciar con produtos. Aos quince anos, inscribiuse en dúas sesións de verán na Friends Academy. Debutou na sociedade de New Bedford en 1854, antes de mudarse a Nova York para vivir cun primo da súa nai, Henry Grinnell. Con todo, non pasou moito tempo antes de que Hetty regresase a New Bedford, alternando entre a casa do seu pai e a da súa tía. Alí, ao perseguir os intereses do seu pai, non só gañou o seu eloxio, senón que tamén compartiu o seu pracer de gañar diñeiro.[6]

A súa nai morreu o 21 de febreiro de 1860, á idade de 51 anos, e o seu patrimonio de cen mil dólares foi para o seu esposo, agás unha casa de 8000 dólares (equivalente a 223 000 dólares de 2018) que herdou Hetty.

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Green xunto á súa filla Sylvia.

Hetty casou aos 33 anos con Edward Green, un membro dunha adiñeirada familia de Vermont, o 11 de xullo de 1867. A parella casou e mudouse a Manhattan, despois mudáronse a Londres e viviron no hotel Langham onde naceron os seus fillos Edward Howland Robinson Green (22 de agosto de 1868 – 8 de xuño de 1936) e Harriet Sylvia Ann Howland Green Wilks (7 de xaneiro de 1871 - 5 de febreiro de 1951).

Posteriormente regresaron a Vermont, cidade natal do seu esposo. Alí comezaron os seus problemas tanto no ámbito político como no social. Despois, en 1885 o seu esposo arruinouse e Hetty decidiu separarse. En 1902, Edward enfermou do corazón e reconciliouse con Hetty, que a axudou como enfermeira. Ese mesmo ano, o 19 de marzo Edward morreu e foi enterrado en Bellows Falls, no cemiterio da igrexa Immanuel.

Hetty criou os seus dous fillos soa. Vivía en pequenas habitacións de míseros hoteis para pagar baixos impostos. Empregaba o mesmo vestido para non gastar en roupa e lavábao só na parte que daba ao piso para aforrar xabón. A comida era da peor do mercado e viaxaba sen escoltas. Nunha ocasión, o seu fillo Edward sufriu unha ferida no xeonllo e levouno a unha clínica de caridade. Para desgraza de Edward, o médico recoñeceu a Hetty e esixiu que a muller pagase a consulta. Hetty negouse a facelo e atendeuno persoalmente. Dous anos despois, a perna infectouse e tivo que ser amputada debido á gangrena.

Cando tiña 81 anos, Hetty sufriu unha apoplexía e o seu fillo Edward Howland, contratou enfermeiras que vestían con roupas comúns para que a súa nai non se dese conta. Na súa vellez, comezou a sufrir dunha hernia, mais negouse a someterse a unha operación, xa que custaba 150 dólares. Sufriu moitos golpes e tivo que depender dunha cadeira de rodas.

Morte[editar | editar a fonte]

Hetty Green faleceu aos 81 anos en Nova York. Morreu de apoplexía cando discutía cunha criada. Foi sepultada xunto ao seu esposo.

Trala morte de Hetty Green, o seu único fillo varón herdou parte da fortuna da súa nai e converteuse nun millonario extravagante que malgastaba diñeiro en festas, xoiaría, iates e diamantes.

A súa filla Sylvia morreu en 1951. Deixou un patrimonio de ao redor de 200 millóns de dólares que legou a organizacións de beneficencia, escolas, igrexas e hospitais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hetty Green "the Witch of Wallstreet"" (PDF). Consultado o 21 de agosto de 2014. 
  2. Pérez, Nieves. "Riqueza vs. avaricia: recordamos a Hetty Green, "la bruja de Wall Street"" (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2018. 
  3. Rosenblum, Constance (19 de decembro de 2004). "'Hetty': Scrooge in Hoboken". Consultado o 21 de xullo de 2007. 
  4. Leavitt, Judith A. (1985). American Women Managers and Administrators: A Selective Biographical Dictionary of Twentieth-century Leaders in Business, Education, and Government. Greenwood Publishing Group. p. 93. ISBN 0-313-23748-4. 
  5. Slack, Charles (2004). Hetty: The Genius and Madness of America's First Female Tycoon. New York. Ecco. 
  6. Wallach, Janet (2012). The Richest Woman in America: Hetty Green in the Gilded Age. New York. p. 9-21,37,45. ISBN 9780307474575. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]