Esteban Fernández Temprano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEsteban Fernández Temprano
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1877 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xuño de 1952 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , tipógrafo , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Esteban Fernández Temprano, nado na Coruña o 13 de decembro de 1877 e finado en Madrid o 5 de xuño de 1952 foi un tipógrafo, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro da Agrupación Socialista da Coruña, da que foi elixido presidente en 1904.[1] Colaborou en El Socialista. Presentouse ás eleccións municipais como candidato socialista en decembro de 1909 e novembro de 1911, pero non saíu elixido.[2] Na súa imprenta editábase La Voz del Obrero, do que foi o primeiro director. Participou no Congreso Regional Obrero de Vigo en marzo de 1911, que deu lugar á Federación Sindical Solidaridad Obrera de Galicia.

Trasladouse a Viveiro coa súa familia en 1912, chamado por Benigno López Muñoz para que dirixira os seus talleres tipográficos, e o semanario Heraldo de Vivero, que tamén dirixiu. Tamén colaborou en Landro. En 1926 fundou e dirixiu La Voz del Pueblo. Publicou algunhas colaboracións en La Voz de Galicia.

En 1928 representou ao Ramo da Construción de Vivero no XVI Congreso da UGT e ese ano trasladouse a Madrid para traballar como tipógrafo. Foi detido ao rematar a guerra civil e despois de saír en liberdade traballou como corrector de probas na imprenta Rivadeneyra (1949) ata a súa morte.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Purificación Oreña Martínez en 1908.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Noroeste, 5-1-1904, p. 1.
  2. "Las elecciones municipales en La Coruña" en El Noroeste, 13-11-1911, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]