Hemigaleus australiensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hemigaleus australiensis

Hemigaleus australiensis
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Orde: Carcharhiniformes
Familia: Hemigaleidae
Xénero: Hemigaleus
Especie: H. australiensis
Nome binomial
Hemigaleus australiensis
W. T. White, Last & Compagno, 2005
Área de distribución de Hemigaleus australiensis
Área de distribución de Hemigaleus australiensis

Área de distribución de Hemigaleus australiensis

Hemigaleus australiensisi é unha especie de peixe condrictio da orde dos carcarriniformes, familia dos hemigaleidos, unha das dúas integradas no xénero xénero Hemigaleus.[2][3][4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 2005 polo ictiólogo australiano William Toby White, o seu colega, tamén australiano, Peter Robert Last e Leonard Compagno, biólogo mariño estadounidense recoñecido experto na taxonomía dos tiburóns, no tarballo:[2][3]

White, W. T.; Last, P. R.; Compagno, L. J. V. (2005): "Description of a new species of weasel shark, Hemigaleus australiensis (Carcharhiniformes: Hemigaleidae) from Australian waters". Zootaxa 1077: 37-49.

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Hemigaleus.

O epírteto específico, australiensis fai referencia á área de distribución da especie, nas augas tropicais do norte de Australia.[5]

Características[editar | editar a fonte]

Hemigaleus australiensis é un tiburón de tamaño medio (pode alcanzar até os 110 cm de lonxitude[6]). A cabeza é moderadamente longa, presentando na boca dentes en fileiras de 28 a 30 (no maxilar superior) e de 46 a 52 (no maxilar inferior) . As aletas dorsais están lixeiramente inclinadas cara a atrás, moderadamente falciformes, ou non falciformes. A primeira aleta dorsal ten un tamaño de 2,6 a 3 da lonxitude da cabeza. O lóbulo superior da aleta caudal é moderadamente ancho, non alongado, e o lóbulo ventral desta aleta é curto. As aletas pectorais son anchas, falciformes. A segunda aleta dorsal presenta unhha punta escura visíbel, e a primeira aleta dorsal ten a marxe posterior pálida. Os cláspers, pterigopodioS ou pterigópodos dos adultos son moderadamente curtos. (Ver pterigopodio).[6]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

É un peixe mariño, demersal, que frecuenta augas tropicais entre os 12 e os 170 m de profundidade. Distribúese desde o océano Índico oriental até o Pacífico occidental, nas costas de Australia. Cómpre confirmar os rexistros que se citaron en Papúa Nova Guinea.[6]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Hemigaleus australiensis¨é unha especie predominantemente demersal, que vive nas plataformas continentais e insulares desde baías pouco profundas e costeiras até os 170 m de profundidade.[6]

Os machos alcanzan a madurez sexual cando midn uns 60 cm, e as femias cando miden entre os 60 e os 65 cm. As con crías nacen cuns 30 cm de lonxitude.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Simpfendorfer, C., White, W. T. & Smart, J. J. (2016): Hemigaleus australiensis na Lista vermella da UICN. Vesión 2021-3. Consultada o 5 de abril de 2021.
  2. 2,0 2,1 Hemigaleus australiensis White, Last & Compagno, 2005 no WoRMS. Consultado o 5 de abril de 2022.
  3. 3,0 3,1 Hemigaleus australiensis White, Last & Compagno, 2005 no GBIF. Consultado o 5 de abril de 2022.
  4. Hemigaleus australiensis White, Last & Compagno, 2005 na BioLib. Consultada o 5 de abril de 2022.
  5. Froese & Paul 2022.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 White, Last & Compagno 2005.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]