Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gueldria
Gelderland
Gelderlaand |
|
|
|
|
Gueldria ou Güeldres (en baixo saxón Gelderlaand e en neerlandés Gelderland, antigamente Gelre) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é Arnhem. Limita coas provincias de Overijssel, Utrecht, Holanda Meridional, Brabante do Norte, Limburgo e o Estado federado alemán de Renania do Norte-Westfalia.
Gueldria está divida en tres partes: Veluwe, Achterhoek e Betuwe, e está conectada con Flevoland mediante pontes e diques.
En 1944, durante a Segunda Guerra Mundial, tivo lugar en Gueldria a Operación Market Garden. Combateuse nas pontes do río Waal, entre Arnhem e Nimega.