Giuseppe Baretti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giuseppe Baretti

Giuseppe Marc'Antonio Baretti, nado en Turín en 1719 e finado en Londres en 1789, foi un escritor e crítico italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos dezaseis anos traballa como empregado dunha casa comercial en Guastalla ao tempo que estuda historia e literatura baixo a guía do escritor Carlo Cantoni. A súa carreira literaria comeza coa tradución das obra de Pierre Corneille. Viaxa a Londres onde se instala traballando como secretario da Royal Academy of Painting, e fai amizade con Samuel Johnson, Garrick, Burke e Reynolds.

En 1757 publica Italian Library, un catálogo de autores e obras italianas. En Lettera famigliari recolle as súas viaxes por España, Portugal e Francia entre 1761 e 1765