Giulia Tamayo León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGiulia Tamayo León
Biografía
Nacemento21 de xullo de 1958 Editar o valor em Wikidata
Lima, Perú Editar o valor em Wikidata
Morte9 de abril de 2014 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadePerú Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontifícia Universidade Católica do Peru (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Internacional dos Dereitos Humanos “Ginetta Sagan” por parte de Amnesty International USA como Defensora dos Dereitos Humanos das mulleres e nenos, 2000
Premio “Lima Warmi” do Concello de Lima na categoría "Profesional, Defensora dos Dereitos da Muller e Defensa dos DDHH e búsqueda da xustiza", 2014


Giulia Tamayo León nada en Lima o 21 de xullo de 1958 e finada en Montevideo o 9 de abril de 2014 foi unha avogada peruana defensora dos dereitos humanos e o dereito a unha vida libre de violencia cara ás mulleres. Traballou na defensa dos dereitos das mulleres indíxenas que foron sometidas a esterilización forzosa no Perú. Por realizar este traballo, foi vítima de ameazas de morte por parte do grupo terrorista Sendero Luminoso e forzada ao exilio. A súa ampla traxectoria na defensa dos dereitos das mulleres levoulle a ser asesora do Despacho Ministerial de Xustiza do Perú e a traballar en diversas organizacións entre elas o Centro da Muller Peruana Flora Tristán organización á que se uniu en 1984.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Súa nai era de Piura e o pai de Arequipa. Estudou no Colexio San Antonio de Padua de Lima e posteriormente Dereito na Pontificia Universidade Católica do Perú, onde en 1977 fundou o obradoiro de Dereito co que prestaba asistencia xurídica a reclusas e mulleres en asentamentos periurbanos en Lima. Afiliada ao Colexio de Avogados de Lima, defendeu ante os xulgados casos de violencia familiar e sexual contra mulleres e nenos.[3]

O traballo de Tamayo en defensa dos dereitos das mulleres comezou no Centro de la Mujer Peruana Flora Tristán[1] en 1984. Foi responsable do Programa Xurídico de asistencia e defensa das vítimas de violencia de xénero, incluíndo violencia e explotación sexual contra menores, e directora da entidade entre 1994 e 1996.[4] Desde 1996 liderou a campaña para detectar e frear a esterilización forzada e outras formas de violencia e discriminación contra as mulleres, que se producían de forma moi ocasional nos servizos públicos de saúde do Perú.[5] Ademais, xunto co Movemento Ampla das Mulleres, impulsou a creación da Asemblea Permanente polo Dereito á Saúde e os Dereitos Sexuais e Reproductivos.

En 1987, foi fundadora e membro do Comité Latinoamericano e do Caribe para a Defensa dos Dereitos da Muller (CLADEM)[6]no Perú,[7] desde onde dirixiu o traballo de investigación sobre a violencia contra as mulleres nos servizos sanitarpúblicos de saúde do Perú, e das que foi socia de honra ata xullo de 2009 pola súa dimisión.

Así mesmo, en 1988, foi fundadora do Comité Directivo de DEMUS, Estudo para a Defensa dos Dereitos da Muller, organización feminista para a defensa do dereito a unha vida libre de violencia das mulleres.[8]

En 1990 foi fundadora de Raíces y Alas, un colectivo para o Traballo en Xénero, Dereitos Humanos, Democracia e Bo Vivir, dende onde realizou procesos de formación para equipos técnicos de axencias de cooperación internacional para o desenvolvemento e realizou numerosas investigacións e publicacións.[9]

Esterilizacións forzadas[editar | editar a fonte]

O seu labor como investigadora do CLADEM foi clave no descubrimento e procesamento do caso dunhas esterilizacións forzadas que se realizaron durante o réxime do presidente Alberto Fujimori.[10]

A finais de 1995, recibiu de Hilaria Supa Huamán, dirixente indíxena da Federación de Mulleres Anta (FEMCA) na rexión do Cuzco, unha gravación que incluía unha das primeiras probas dun caso illado que ocorreu como consecuencia do programa de esterilizacións. Giulia Tamayo León entrevistou a mulleres andinas de Anta e Ayacucho e, posteriormente, tamén detectou casos no Amazonas, no norte do país e nas zonas periféricas de Lima. A través deste traballo puido descubrir a fixación de obxectivos nos centros de saúde para intervencións anticonceptivas cirúrxicas.[11]

Co informe Nada Personal,[12] Tamayo revelou que o programa de anticoncepción cirúrxica voluntaria (AQV) implementado polo goberno de Fujimori era realmente inclusivo. No devandito informe publicáronse testemuños e probas de cotas que confirmaban que o programa de esterilización era un problema de saúde pública. Estímase que entre 1990 e 1999 foron esterilizadas máis de 314 mil mulleres e só un pequeno grupo (menos de 0,5% do total) presentaron queixas e/ou denunciaron ao Estado peruano.[13] A súa reportaxe levou ao documental do mesmo nome.[14]

Desde 1996, liderou a campaña para deter as prácticas de esterilización forzada e outras formas de violencia e discriminación contra as mulleres nos servizos públicos de saúde do Perú. Co Movemento Amplo das Mulleres impulsou a creación da Asemblea Permanente polo Dereito á Saúde e os Dereitos Sexuais e Reproductivos .

Debido a estas investigacións e campañas, foi vítima de persecucións, espionaxes, accións intimidatorias e ameazas de morte por parte de Sendero Luminoso, polo que no ano 2000 tivo que exiliarse en España para salvar a súa vida. [15]

Exilio en España[editar | editar a fonte]

Asentada en España durante o seu exilio forzoso, dirixiu o Departamento de Investigación e Política de Amnistía Internacional,[16] desde onde realizou en 2005 o primeiro informe sobre as vítimas da Guerra Civil Española e da ditadura franquista.[17] Investigou numerosos casos de violencia sexual contra as mulleres na República Democrática do Congo e o uso da violación como arma de guerra en varias partes de Colombia. Participou na misión que visitou Haití tras o terremoto de 2010 para documentar a situación na que se atopaban miles de nenas e mulleres, e denunciou as violacións dos dereitos humanos en Honduras.[18]

Como investigadora do Centro Legal de Políticas Reproductivas (CRLP) de Nova York e do CLADEM[6], elaborou e presentou Informes ante os mecanismos temáticos das Nacións Unidas (CEDAW, Comité contra a Discriminación Racial e Comité DESC) e ante o Comité Interamericano de Comisión de Dereitos Humanos Humanos.

No ano 2000, Amnistía Internacional USA concedeu o Premio Internacional de Dereitos Humanos "Ginetta Sagan" como defensora dos dereitos humanos das mulleres e dos nenos. En 2014, o Concello de Lima concedeulle o Premio "Lima Warmi" na categoría "Profesional, Defensora dos Dereitos da Muller e Defensa dos Dereitos Humanos e procura da xustiza".[19] A súa traxectoria foi recoñecida na exposición Ladies for Human Rights (Kennedy Center for Human Rights, Italia).[20]

Morreu en Montevideo en 2014, vítima dun cancro.[21]

Obra[editar | editar a fonte]

Libros e estudos[editar | editar a fonte]

  • Desplazamiento, género y desarrollo: perspectivas y problemática de género y desarrollo en la atención a poblaciones por la violencia armada en el Perú. UNIFEM- Perú, 1992.
  • Informe de las ONG peruanas a Beijing. CESIP, Lima, 1995.
  • Derechos y ética en la salud reproductiva. CLADEM, Lima, 1995.
  • Delegaciones policiales de mujeres y secciones especializadas: diagnóstico sobre el sistema de atención policial a los problemas derivados de la violencia ejercida contra las mujeres y medidas para una defensa eficaz de los derechos de las agraviadas en la administración de justicia. Centro de la Mujer Peruana Flora Tristán, Lima, 1996.
  • Las mujeres y el poder: retos y dilemas en la construcción política de la equidad. Centro de la Mujer Peruana Flora Tristán, Lima, 1997.
  • Silencio y complicidad: violencia contra las mujeres en los servicios públicos de salud en el Perú. CLADEM, Lima, 1998.
  • Algo más que palabras. Colectivo Editorial Mujer, Montevideo, 1998.
  • Planificación familiar: metas que matan. DESCO, Lima, 1998.
  • Nada personal. Reporte de derechos humanos sobre la aplicación de la anticoncepción quirúrgica en el Perú 1996-1998. CLADEM, Lima, 1999.
  • Cuestión de Vida. Balance regional y desafíos sobre el derecho de las mujeres a una vida libre de violencia. CLADEM, Lima, 2000.
  • Bajo la Piel. Derechos sexuales, derechos reproductivos. Centro de la Mujer Peruana Flora Tristán, Lima., 2001.[22]
  • Género y Desarrollo en el marco de los derechos humanos en Género en la Cooperación al Desarrollo: una mirada a la desigualdad. ACSUR-Las Segovias, 2003.
  • "De entuertos y a tuerto: Las verdades incómodas del PNSRPF, la renuencia a investigar judicialmente crímenes contra el derecho internacional y sus consecuencias sobre las víctimas". Artigo publicado no libro Memorias del caso peruano de esterilización forzada, 2014.
  • Inventario a favor de la Alegría. Ediciones Raíces y Alas, Montevideo, 2015.

Publicacións colectivas[editar | editar a fonte]

  • La mujer y el ejercicio de sus derechos: límites y proyecciones: informe. Loli, S; Tamayo, G y Vásquez, R. Centro de la Mujer Peruana Flora Tristán, Lima, 1995.
  • El maltrato a mujeres: un estudio de casos: informe final. Vásquez, R; Tamayo, G y Loli, S. Centro de la Mujer Peruana Flora Tristán, Lima, 1987.
  • Violencia y Legalidad.Tamayo, G y Vásquez, R. Centro de la Mujer Peruana Flora Tristán, Lima, 1989.
  • Mujer y varón: vida cotidiana, violencia y justicia: tres miradas desde El Agustino 1977- 1984- 1990. Tamayo, G y García Ríos, J. Raíces y Alas, Lima, 1990
  • España: ejercer la jurisdicción universal para acabar con la impunidad. Serie Estrechando el cerco nº 2. Amnistía Internacional.Amnistía Internacional, España, 2008.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Flora Tristán" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2016. 
  2. "La Periférica | Giulia Tamayo León" (en castelán). Consultado o 11 de abril de 2020. 
  3. "Guerrera de mil batallas". Diario Uno. 4 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. 
  4. Aída García Naranjo Morales (11 de abril de 2014). "In memoriam Giulia Tamayo, guerrera de mil batalla | Revista Ideele" (en castelán). 
  5. "Giulia Tamayo: ¡Tenemos la razón! | Revista Ideele" (en castelán). 
  6. 6,0 6,1 "CLADEM". 
  7. "Giulia Tamayo". AWID (en castelán). 8 de abril de 2015. 
  8. "DEMUS - Estudio para la Defensa de los Derechos de la Mujer" (en castelán). 
  9. "Web de Raíces y Alas" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2022. 
  10. "Metas que matan" (en castelán). 
  11. "Dueñas de su destino | Periódico Diagonal". 
  12. Reporte de DDHH sobre la aplicación de la Anticoncepción Quirúrgica en Perú 1996-1998. CLADEM 1999. Puede leerse completo en: https://1996pnsrpf2000.files.wordpress.com/2011/07/cladem_nada-personal.pdf
  13. Chávez Chuchón, Héctor Hugo (junio de 2002). "Informe Final sobre la aplicación de la Anticoncepción Quirúrgica Voluntaria (AQV) en los años 1990-2000" (PDF): Capítulo VII : Conclusiones, p. 106. 
  14. Junto con el reporte, y con el apoyo de la TV Cultura se realizó una versión de la investigación en un vídeo de 21 minutos que puede verse en http://tvcultura.net/2011/06/video-nada-personal-implementacion-anticoncepcion-quirurgica-peru/ Arquivado 02 de outubro de 2018 en Wayback Machine.
  15. "Cenizas de buena gente". eldiario.es (en castelán). 
  16. "Giulia Tamayo: "Fujimori ordenó esterilizar a miles de mujeres peruanas"". elperiodico (en castelán). 30 de junio de 2010. 
  17. "España: poner fin al silencio y a la injusticia. La deuda pendiente con lasvíctimas de la guerra civil española y del régimen franquista". 
  18. "El mapa mundial de Giulia Tamayo" (en castelán). 
  19. "Premio Lima Warni 2014". 
  20. "Ladies for Human Rights, le eroine dei nostri tempi in mostra: da Joan Báez a Malala - Il Fatto Quotidiano". Il Fatto Quotidiano (en italiano). 26 de febrero de 2015. 
  21. "Muere Giulia Tamayo, la abogada que destapó las esterilizaciones de Fujimori | Periódico Diagonal". 
  22. "Bajo la Piel" (PDF). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Documental Yermas en RTVE a la carta