Gay friendly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gay friendly é un termo que fai referencia a lugares, políticas, persoas ou institucións que buscan activamente crear un entorno amigable cara a xente GLBT. Este é un concepto moi extendido nos últimos anos do século XX nos Estados Unidos e actualmente está extendido o seu uso en moitos países.


Lugares gayfriendly [editar]

Algúns lugares son históricamente considerados gayfriendly: cidades como Amsterdam ou San Francisco, barrios como o Soho en Londres, o Village neoyorquino, illas gregas como Mykonos ou Lesbos, Ibiza, Sitges ou máis recentemente os barrios de Chueca en Madrid ou o Gayxample en Barcelona son só algúns exemplos de lugares considerados gayfriendly.


Locais gayfriendly [editar]

A maioría das cidades contan con locais de ocio ou tendas consideradas gayfriendly. Ás veces, un xeito empregado por estes lugares para seren recoñecidos como tal é mostrando un autocolante coa bandeira multicor nun lugar visible.


Personaxes gayfriendly [editar]

Algunhas das personaxes gayfriendly máis célebres a nivel mundial, convertéronse en grandes iconas gays. A maioría son mulleres e distinguíronse por apoiar as reivindicacións dos colectivos GLBT nos momentos máis difíciles, algúns exemplos serían: Madonna, Cher, Barbra Streisand, Kylie Minogue, Anne Rice, ou Liz Taylor.