Anne Rice
Anne Rice, nada o 4 de outubro de 1941 en Nova Orleans, Los Angeles, é unha escritora estadounidense.
Índice |
Traxectoria [editar]
Nada baixo o nome de Howard Allen O'Brien, dende pequena cambiou o seu nome a "Anne". Casou co defunto poeta e pintor Stan Rice en 1961, con quen tivo dous fillos, Michele en 1966 e que morreu de leucemia aos 5 anos de idade e o famoso escritor gai Christopher Rice (nacido en 1978).
Dende pequena estivo interesada por temas de vampiros e bruxas. Na súa carreira coma escritora, tamén publicou cos pseudónimos Anne Rampling e A.N. Roquelaure, este último nos seus primeiros anos e para temas máis orientados a adultos. Os seus libros escritos baixo estes pseudónimos conteñen constantemente misturas do horroroso co luxurioso, destacándose nas súas historias de ficción os sentimentos homoeróticos que senten os seus personaxes.
O seu primeiro libro, Interview With The Vampire (Entrevista co vampiro) escribiuno en 1973 e publicouse en 1976. No ano 1994 Neil Jordan realizou unha película baseada no libro e protagonizada por Tom Cruise e Brad Pitt e anos máis tarde realizouse outra película sobre o terceiro libro da serie Crónicas vampíricas, chamada Queen Of The Damned (A raíña dos condenados). O segundo libro da saga, Lestat, The Vampire (Lestat o vampiro) converteuse nun musical de Broadway.
En decembro de 1998 a Rice diagnosticóuselle diabetes mellitus cando entrou nun coma diabético. Desde que empezou a tratar a súa condición con insulina, Rice foi unha activista para que a xente faga exames para diagnosticar a diabetes.
O 30 de xaneiro de 2004, Anne Rice anunciou que deixaría Nova Orleans para mudarse ao suburbio de Jefferson Parish, Louisiana. Vive soa desde a morte do seu esposo e a mudanza do seu fillo a outro estado.
Última etapa [editar]
Ultimamente a popularidade de Anne Rice decreceu bastante, en parte polas malas acollidas da crítica literaria ás súas últimas obras. As obras máis recentes, coma Sangue e ouro, a biografía dun dos seus personaxes máis queridos por ela e polos lectores, Marius, non tivo éxito de vendas, en parte debido á reciclaxe intelectual que a propia autora fixo dos seus libros.
Con este feito, finaliza a saga de As crónicas vampíricas e a de As bruxas de Mayfair sendo o último libro da serie Cánticos de sangue.
Libros [editar]
As crónicas vampíricas [editar]
- Entrevista co vampiro (1976)
- O vampiro Lestat (1985)
- A raíña dos condenados (1988)
- O ladrón de corpos (1992)
- Memnoch o diaño (1995)
- O vampiro Armand (1998)
- Merrick (2000)
- Sangue e ouro (2001)
- A granxa Blackwood (2002)
- Cánticos de sangue (2003)
Novos contos de vampiros [editar]
- Pandora (1998)
- Vittorio (1999)
As bruxas de Mayfair [editar]
- A hora das bruxas (1990)
- Lasher (1993)
- Taltos (1994)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns Externas [editar]
- Páxina Oficial de Anne Rice (en inglés)