Gavin Rossdale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gavin Rossdale
GavinRossdale.jpg
Nome completo Gavin McGregor Rossdale
Naceu 30 de outubro de 1965 (48 anos)
Orixe Londres Inglaterra Inglaterra
Instrumento(s) voz, guitarra
Relacionado con Bush, Institute


Gavin McGregor Rossdale, nado en Kilburn (Londres) o 30 de outubro de 1965[1], foi o vocalista e guitarrista do xa desintegrado grupo británico Bush. Posteriormente tamén foi vocalista de guitarrista da agrupación Institute, e na actualidade fai carreira en solitario.

Biografía[editar | editar a fonte]

Os seus pais Lucy Stephan (n. Escocia) e Douglas Rossdale (médico de ascendencia xudía), divorciáronse cando el tiña once anos, sendo criado polo seu pai e a súa tía (a súa nai volveu casar e mudouse a Florida). Ten unha irmá menor, Soraya, e unha maior, Lorraine.

Rossdale modelou por corto tempo coa súa amiga e posiblemente ex-amante Marilyn. Gavin aprendeu a tocar a guitarra co mozo de Lorraine, que estaba nunha banda chamada The Nobodyz. Con 17 anos deixou a escola de Westminster e formou unha banda chamada Midnight (anteriormente Little Dukes), coa que produciu un par de sinxelos e bastante publicidade. En 1991 Gavin trasladouse aos Ánxeles por 6 meses, vivindo onde puido e con varios traballos de media xornada, incluíndo o de axudante de produción en vídeos. Pasou algún tempo na cidade de Nova York co seu bo amigo Bill MacAdam, regresando a Inglaterra inspirado para iniciar unha nova banda. Fixo unión co seu futuro representante Scottie Mac, ó que coñecera nos Ánxeles. En 1992 formou Future Primitive, que incluía na formación orixinal (baixo o nome de The Diceheads) ó guionista Sacha Gervasi. A banda mudou de nome por Bush no verán de 1994, editando o promo da súa primeira produción Sixteen Stone.

Actualmente esta casado coa cantante Gwen Stefani, ca que ten un fillo, Kingston.

Bush[editar | editar a fonte]

Gavin foi o vocalista e compositor da banda británica Bush. O seu primeiro álbum, Sixteen Stone (1994), foi un éxito comercial enorme. Case da noite á mañá Bush pasou de tocar en lugares pequenos de Londres a encher centros de espectáculos nos EEUU, resultado de extensas xiras continuas. Porén, algúns críticos etiquetáronnos como un derivado inferior de bandas como Nirvana ou Pixies, crítica que continuaría a través da súa carreira como banda. Particularmente, a voz de Rossdale e os seus monólogos interiores, foron estimados por algúns como imitación do vocalista de Nirvana, Kurt Cobain.

Aínda que a banda acadou o superestrelato nos Estados Unidos, non puido ter moito impacto nos charts ingleses do Brit-Pop, sendo a única excepción o seu sinxelo “Swallowed”, que acadou o posto 7º. Un cambio de discográficas, a administración e un hiato estendido, non foron bo presaxio para a banda, que extraoficialmente se desintegrou no 2002.

Despois de Bush[editar | editar a fonte]

No 2004, despois de que Bush estivera sen actividade durante dous anos, Rossdale formou Institute. O seu primeiro álbum, Distort Yourself, obtivo un éxito moderado. Lanzado o 13 de setembro de 2005, tivo como único sinxelo a canción “Bullet-proof skin”, que foi utilizada na película Stealth.

Rossdale apareceu na banda sonora da película XXX no 2002, cunha canción chamada “Adrenaline.” A canción foi tamén o tema oficial do evento por paga Unforgiven en setembro de 2002.

No 2005 Rossdale apareceu na película Constantine, onde tivo o papel do malvado Balthazar. Rossdale tamén apareceu nos filmes Zoolander (2001), The Mayor of Sunset Strip (2003), Little Black Book (2004) e The Miracle Match (2005).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. arquivo de alumnos de Westminster - se ben a biografía de fans afirma que o seu ano de nacemento é 1967

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]