Galicia Humorística

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia Humorística foi un periódico rexionalista que se publicou en Santiago de Compostela en 1888.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Revista quincenal de costumbres, cuentos, agudezas, anécdotas y tipos gallegos (...) y geroglíficos, tiña unha periodicidade quincenal. O primeiro número apareceu o 15 de xaneiro de 1888. Estaba dirixido por Enrique Labarta Pose, e contou con colaboracións de Alfredo Brañas, Antonio de la Iglesia e Manuel Amor Meilán. Cesou a súa edición no mes de agosto de 1888. Foi continuado en 1890 por La Pequeña Patria.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.