Galiñola negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galiñola Negra
Blässhuhn Fulica atra Richard Bartz.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante??
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gruiformes
Familia: Rallidae
Xénero: Fulica
Nome científico
Fulica atra
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A galiñola negra é unha ave de costumes acuáticos.

Morfoloxía e Hábitos[editar | editar a fonte]

Case do tamaño dun parrulo, a galiñola negra é completamente negra e ten un pico branco caracterizado cun escudete. É unha palmípede dunha lonxitude de 38 cm, envergadura de 70-80 cm e un peso aproximado de 700 gramos. Morfoloxicamente machos e femias son iguais. Ó nadar cabecea ritmicamente a cabeza.

Habita en augas doces cunha vexetación de ribeira abondosa. Aliméntase de herba, insectos e brotes de plantas, que busca mergullándose ou ben na ribeira.

Reprodución[editar | editar a fonte]

A galiñola negra constrúe niños flotantes entre abril e xullo. En Galicia é habitual que críe na espesura dos canavais e espadainais. A posta é de 5-10 ovos cun tempo de incubación de 23-24 días. Os polos comezan a voar ás 8 semanas de vida.

Distribución[editar | editar a fonte]

Ave común en toda Europa Occidental. No Leste só está presente na época de cría.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)