Gaizka Toquero
Gaizka Toquero | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Gaizka Toquero Pinedo | ||
Nacemento | 9 de agosto de 1984 (39 anos) | ||
Lugar de nacemento | Vitoria | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Zaragoza | ||
Número | 23 | ||
Carreira xuvenil | |||
2001–2002 | Ariznabarra | ||
2002–2003 | Real Sociedad | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2003–2005 | Alavés C | ||
2005–2006 | Alavés B | 29 | (2) |
2006–2007 | Lemona | 33 | (0) |
2007–2008 | Sestao River | 37 | (5) |
2008–2015 | Athletic Club | 156 | (20) |
2008 | → Eibar (cedido) | 16 | (4) |
2015–2017 | Alavés | 62 | (10) |
2017– | Zaragoza | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2010– | Euskadi | 6 | (2) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 21 de maio de 2017 Selección: actualizado a 31 de decembro de 2016[ editar datos en Wikidata ] | |||
Gaizka Toquero Pinedo, nado en Vitoria o 9 de agosto de 1984, é un futbolista vasco. Xoga de dianteiro, na demarcación de segundo punta, e o seu actual equipo é o Real Zaragoza.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Gaizka Toquero comezou a xogar no CD Ariznabarra de Vitoria (País Vasco). Posteriormente estivo no SD Lemona e máis tarde fichouno o Sestao River. Aos poucos foi collendo forma ata que o Athletic Club fíxase nel en 2008. Como non entraba nos plans de Joaquín Caparrós foi cedido á SD Eibar grazas ao novo técnico armeiro, Carlos Pouso, que xa o adestrara no Sestao, pero foi recuperado no mercado de inverno polo Athletic Club.
O 4 de marzo de 2009 marcou o tanto definitivo fronte ao Sevilla FC (3-0) para clasificar o Athletic, 24 anos despois, para a final da Copa do Rei. Marcou o seu primeiro gol en Liga o 21 de abril de 2009, ante o Club Deportivo Numancia de Soria no Nuevo Estadio Los Pajaritos; fixo o 1-1, nun partido que rematou 1-2.
O día 13 de maio de 2009 marcou o único gol do Athletic Club na final da Copa do Rei de 2009, na que o seu equipo caeu derrotado por 1-4 fronte ao FC Barcelona.
Marcou o primeiro gol do Athletic Club na liga 2009-10, conseguindo os tres puntos do equipo contra o RCD Espanyol. Tamén marcou contra o Sporting de Xixón, o FC Barcelona e o Tenerife. Contra o Valladolid logrou o seu primeiro dobrete en Primeira División.