Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira
| Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira | |
|---|---|
| Gobernador de Filipinas | |
| Mandato | 1589-1593 |
| Nacemento | 1539 Viveiro |
| Falecemento | 1593 Mar de Célebes |
| Predecesor | Santiago de Vera |
| Sucesor | Luis Pérez das Mariñas e Mendoza |
| Cónxuxe/s | 1.María Sarmiento Ribadeneira |
| Descendencia | 1.Luis Pérez das Mariñas e Sarmiento 2.Luis Pérez das Mariñas e Mendoza |
| Pai | Fernán Díaz de Ribadeneira |
| Nai | Berenguela das Mariñas e Xunqueiras |
Gómez Pérez dás Mariñas e Ribadeneira, nado en Viveiro en 1539[1] e finado no mar de Célebes o 19 de outubro de 1593, foi un político, diplomático e militar galego do século XVI. Foi gobernador das Filipinas, onde fundou a cidade de Dasmariñas.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo de Fernán Díaz de Ribadeneira e de Berenguela das Mariñas, Gómez Pérez foi nomeado Gobernador de León o 30 de xaneiro de 1579. No seu recordo pódese atopar unha inscrición na Casa das Carnicerías da capital leonesa, que reza: Hízose este edificio, más las fuentes y calzadas de la ciudad, siendo Gobernador el muy ilustre Gómez Pérez das Mariñas. Año de 1581, el cual gobernó bien. O éxito no seu labor redunda no seu nomeamento, polo rei Filipe II, como correxedor das cidades de Cartagena, Lorca e Murcia, o 27 de setembro de 1584, cargo que ocupa ata o 1 de xaneiro de 1587.
Gobernador das Filipinas [editar]
No ano 1589, e en compensación aos seus servizos, recibe do Rei o hábito da Orde de Santiago e o nomeamento como Capitán Xeral das Illas Filipinas, a onde non chegará ata maio de 1590. Á súa xestión como Gobernador débense a construción das murallas de Manila, a reconstrución do Forte Santiago e o inicio das obras da catedral da cidade. Igualmente, fundou a poboación de Dasmariñas, a 24 quilómetros da capital, na provincia de Cavite (Calabarzón), e que na actualidade conta con preto de 400.000 habitantes.
Destacou tamén no seu labor diplomático, sendo o primeiro gobernador español en establecer contactos co Xapón, e potenciando as relacións comerciais coa China. No entanto, falecería asasinado a bordo do navío "La Capitana", ao mando do cal se dirixía cara á conquista das illas Molucas. Sucederíao no cargo o seu fillo Luís.
Notas [editar]
- ↑ Donapetry Iribarnegaray, Juan (2003). Historia de Vivero y su Concejo. pp. 503. ISBN B84-86824-00-1.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Donapetry Iribarnegaray, Juan (2003). Historia de Vivero y su Concejo. ISBN 84-86824-00-1.
- Gómez Pérez das Mariñas, Capitán General de Murcia en el último tercio del siglo XVI. José Raimundo Núñez-Varela y Lendoiro (2001).
Ligazóns externas [editar]
| Predecesor: Santiago de Vera |
Gobernador de Filipinas 1589 - 1593 |
Sucesor: Luis Pérez das Mariñas e Mendoza |