Fructuós Gelabert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFructuós Gelabert

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1874 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de febreiro de 1955
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninventor , guionista , director de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0005717 Editar o valor em Wikidata

Fructuós Gelabert i Badiella, nado en Vila de Gràcia o 15 de xaneiro de 1874 e finado en Barcelona o 27 de febreiro de 1955, foi un director, guionista, operador de cámara e produtor cinematográfico catalán.[1] Foi, xunto a Segundo de Chomón, o pioneiro máis importante do cinema español e o primeiro que rodou filmes en Cataluña.[2] Foi o director do que se considera o primeiro filme español con argumento, Riña en un café (1897).[3] Ata ese momento só se filmaran fragmentos de tipo documental.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gelabert naceu na rúa Llibertat da Vila de Gràcia, naquel momento un municipio independente. O seu pai, Joan Gelabert, era un ebanista de orixe mallorquina, mentres que a súa nai, Llúcia Badiella, sufría un trauma psicolóxico por mor dun accidente e non podía ocuparse do seu fillo. En 1876, a familia trasladouse ao barrio de Sants, onde o pai abriu un obradoiro. Fructuós aprendeu o oficio do seu pai, mais tamén se interesou na fotografía e comezou a traballar cos irmáns Napoleón, que eran donos dun importante estudio de fotografía en Barcelona.

En 1895 asistiu á proxección do kinetoscopio, invento de Edison para representar imaxes en movemento, e dende entón afeccionouse ás lanternas máxicas e a todo tipo de instrumentos que servisen precisamente para presentar esas imaxes. O ano seguinte asistiu ás sesións do cinematógrafo Lumière[4] no taller dos irmáns Napoleón e viu entre outros filmes L'Arroseur arrosé, co que decidiu que a súa futura ocupación sería o cinema.

En 1897, púxose en contacto co fotógrafo Santiago Biosca, con quen construíu unha réplica do invento francés e rodou os documentais Salida de los trabajadores de la fábrica "La España Industrial" e Salida del público de la iglesia parroquial de Santa María de Sants.[5] Animado pola lembranza de L'Arroseur arrosé decidiu arriscarse a facer un filme de ficción, Riña en un café, que rodou integramente no patio anexo ao Casino de Sants, coa axuda dalgúns amigos e clientes do casino como actores e con Santiago Biosca como operador de cámara. Con todos eles e algúns dos irmáns Lumière realizou a que se considera a primeira estrea en Barcelona.

O ano seguinte realizou a primeira filme español con efectos especiais, Choque de dos trasatlánticos (1898), para o que empregou maquetas e barcos en miniatura. Nos anos seguintes dedicouse por completo ao cinema: rodou documentais como Visita de Doña Cristina y Don Alfonso XIII a Barcelona, en 1898, primeiro filme español distribuído por todo o mundo, e inventou dispositivos de proxección.

En 1905 rodou finalmente o seu primeiro grande éxito mundial, Los guapos de la Vaquería del Parque, comedia de quince minutos, pola que mesmo recibiu unha oferta para ir traballar aos Estados Unidos, que rexeitou. O éxito do filme permitiulle que en 1906 a empresa Diorama se convertese nunha produtora cinematográfica, rebautizada como Films Barcelona. En 1908 construíu os primeiros estudios cinematográficos de Barcelona, cunha inmensa galería de vidro xuntos os xardíns da leira Lluís Martí Codolar, exalcalde de Barcelona.[4] En 1910 rodou a súa obra mestra, Guzmán el Bueno, coa principal dama do teatre catalán do momento, [[Margarida Xirgu].

En 1928 filmou o seu último filme, La puntaire.[4] O filme foi un fracaso estrepitoso debido a que non se estreou ata os anos trinta, cando todos os filmes eran sonoros. Esta mala experiencia apartouno definitivament da rodaxe de filmes[6] e coa axuda dos seus novos socios Arisó e Ruiz, dedicouse exclusivamente á reparación e invención de aparatos cinematográficos coa súa propia marca, Frugel, con poucos beneficios.

Despois da guerra civil, recuperou a idea de investigar as posibilidades do cinema en tres dimensións, mais sen apoio económico os seus traballos quedaron en nada. En 1950 faleceu a súa esposa, e viúvo, diabético e pobre, foi acollido polo seu fillo Josep.

En 1952, Joan Francesc de Lasa, daquela un director mozo admirador de Gelabert, conseguiu que o concello de Barcelona lle fixese unha modesta homenaxe no cinema Alexandra, ademais de pasarlle unha pequena cantidade de diñeiro que o axudase a sobrevivir algo mellor. Porén, Gelabert investiu os cartos en rodar unha nova versión de Riña en un café, que se perdera entre a aparente indiferenza do sector.

Faleceu no barrio de Sants de Barcelona, o 27 de febreiro de 1955, totalmente esquecido pola industria cinematográfica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fructuós Gelabert i Badiella". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. Raül Maigí, «Un diccionari recull 375 directors de cinema a Catalunya. El llibre inventaria cineastes de totes les èpoques, dels pioners als novells», El Punt Avui, 29 de marzo de 2009, páxina 53
  3. Bernard P. E. Bentley, op.cit., páxina 5
  4. 4,0 4,1 4,2 MATA, Jordi. «La crítica europea va començar a estimar el cinema català el 1916». Ara (diari), núm. 83, 20 de febreiro de 2011, páxina 53.
  5. Román Gubern, Primeros tiempos del cinematógrafo en España (en castelán), Universidade de Oviedo, 1997, páxina 122, ISBN 9788460561088
  6. Tatjana Pavlović et al., «Fructuós Gelabert,» 100 Years of Spanish Cinema, John Wiley & Sons, 2009, páxinas 11-12, ISBN 9781444304800

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Joan Francesc de Lasa, El Món de Fructuós Gelabert, Generalitat de Catalunya, Departament de Cultura, 1989, 416 pàgines, ISBN 9788439311089
  • Bernard P. E. Bentley, «Fructuós Gelabert i Badiella (1874-1955) (en inglés)», A Companion to Spanish Cinema, Boydell & Brewer Ltd, 2008, pàgines 4-7, ISBN 9781855661769

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]