Froita seca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Froitas secas variadas.

Unha froita seca é un produto que se obtén do secado realizado a determinadas froitas especiais, propensas a este proceso.

As froitas secas poden considerarse como un simple aperitivo, e nalgunhas cociñas do mundo empréganas como ingredientes na elaboración dalgúns pratos.

Proceso de secado[editar | editar a fonte]

O proceso de deshidratación ou secado ten dúas finalidades:

  • aumentar as posibilidades de preservación da froita
  • reforzar o sabor das froitas sometidas a este procedemento.

Mediante el, chégase a reducir o contido de humidade na carne da froita até chegar a un 20 % do seu peso.

O proceso destrúe algunha cantidade de vitamina C.

Algunhas froitas sécanse con trazas de dióxido de xofre para darlles unha cor rechamante, como no caso dos pexegos e albaricoques nos chamados orejones en castelán, que adoitan ter unha coloración alaranxada debido a este aditivo.

As froitas que se máis ferecuentemente se secan son os figos, as uvas, as ameixas, os dátiles e a banana. Tamén atopamos recentemente arandos e incluso bagas de goxi.

Confusión[editar | editar a fonte]

Non debe confundirse este tipo de procesamento realizado ás froitas coa denominación de froitos secos, que non se somenten a proceso de secado. Por tal motivo adóitase empregar o nome de froitos pasos (uva pasa, ou pasa propiamente dita, cirolas pasas, etc.)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Froita seca