Frédéric Bastiat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bastiat.jpg

Claude Frédéric Bastiat, nado en 1801 e finado en 1850, foi un economista francés, un dos divulgadores do liberalismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Baiona, comezou serodiamente (1844) a súa carreira como economista, xa que morreu só seis anos despois, en Roma, de tuberculose, seguramente collida durante as súas viaxes por Francia para promover as ideas liberais. Foi membro da Asemblea Nacional dende 1848.

Bastiat pertenceu á escola harmónica de liberais, que consideraban ao Estado como algo inevitable, e tamén deplorou a revolución violenta como medio de obter o poder, aínda así mantíñase reacción a calquera control polo goberno dos individuos e a regulación da industria privada, mostrándose partidario do libre mercado como unha fonte de harmonía económica e consideraba que os argumentos utilitaristas e iusnaturalistas eran aspectos complementarios do mesmo mundo.
A idea de Bastiat que máis influiu na economía foi a explicou coa falacia do vidro roto, e que consiste en que para determinar se unha medida é boa ou mala, hai que mirar as súas consecuencias a longo prazo para toda a poboación, e non só as que teñen lugar a curto prazo para unha parte da poboación. A falacia consiste en pensar que un neno que xogando rompe un vidro dunha tenda realiza unha acción boa para a economía, xa que o dono da tenda terá que gastar diñeiro en substituílo, e dará emprego ao cristaleiro, que cos cartos que reciba dará emprego a outros. Malia iso, esa liña de pensamento non ten en conta que de non se romper o cristal, gastaría os cartos noutra cousa, co que tamén daría emprego a outros, ademais produciría cousas novas e non unha reconstrución de algo que xa existía.