Ford T

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Ford T

O Ford T, tamén coñecido como Tin Lizzie e o Flivver, foi un vehículo de baixo custo producido póla Ford Motor Company de Henry Ford desde 1908 ata 1927. Con este modelo introduciuse a produción en cadea, popularizando a adquisición dos automóbiles.

Historia[editar | editar a fonte]

O Ford T foi deseñado por Henry Ford. Viu a luz o 1 de outubro de 1908, co seu motor de catro cilindros e tan só 20 Cv de potencia podía chegar á velocidade máxima de 71 km/h, cun peso contido para a súa época de 1200 kg; consumía un litro cada 5 km.

O modelo T incluía novidades que outros vehículos da competencia non ofrecían como era o volante situado no lado esquerdo de gran utilidade para a entrada e saída dos ocupantes, tamén incorporaba grandes adiantos técnicos como o conxunto bloque do motor, cárter e cegoñal nunha soa peza, utilizando para isto unha aliaxe lixeira e resistente de aceiro de vanadio.

Caracterizouse por ser moi espartano, características propias dos vehículos de Henry Ford e a súa política de produción: a cadea de montaxe, grazas á cal puido rebaixar o seu prezo inicial de 850 $ ata 360 $, motivo polo cal converteuse no modelo favorito da sociedade traballadora industrial.

Presenza global[editar | editar a fonte]

Modelo T de 1910.
Modelo T de1925.

O Ford T foi o primeiro auto global da industria. No ano 1921, case o 57% da produción mundial de automotores correspondía ao Ford T, que se fabricaba en varios países e vendíase nos cinco continentes a través de sucursais autorizadas, en diferentes versións e alternativas de uso[1].

Mentres que Ford logrou status internacional en 1904 coa fundación de Ford en Canadá, foi en 1911 cando a compañía comezou a ampliarse rapidamente en ultramar, coa apertura das Plantas de ensamblaxe de Inglaterra, Arxentina (1912) e Francia, seguida por Dinamarca (1923), Alemaña (1925), Austria (1925), e tamén Suráfrica (1924) e Australia (1925) como subsidiarias de Ford de Canadá debido ás tarifas preferenciais dos países da «Commonwealth» a que pertencían.

A finais de 1913 Ford Motor Co. decidiu instalar en Buenos Aires a primeira sucursal latinoamericana e a segunda no mundo despois da de Inglaterra. En 1917 e tras comercializar máis de 3500 vehículos comeza a importación de autos desarmados para ser montados en Buenos Aires.

En 1925 inaugurouse a primeira Ford de Latinoamérica en Arxentina, e comezouse coa manufactura do Ford T. En 1927 a unidade nº 100.000 do Ford T. A fins dese ano presentouse o Ford A, sucesor do modelo "T" que foi descontinuo nos Estados Unidos tras producirse máis de 15.000.000 de unidades.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Un siglo del clásico Modelo T", www.empresasnews.com - Consultado o 19 de novembro de 2008 (en castelán).
  2. www.autohistoria.com.ar Historia de Ford Motor Argentina - Consultado o 2008-11-19

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ford T