Folosa de Basora
| Folosa de Basora | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Acrocephalus griseldis | ||||||||||||
A folosa de Basora (Acrocephalus griseldis) é unha é unha ave da familia dos sílvidos (Sylviidae) e do xénero das folosas ou acrocefálidos (Acrocephalus). Actualmente está en perigo de extinción.
Índice |
Descrición [editar]
É moi semellante á folosa grande, da que a diferencian o tamaño, algo menor, a parte inferior do corpo branca e o bico, que é máis estreito, máis longo e máis afiado.
Distribución e hábitat [editar]
Cría no leste de Iraq e, segundo se soubo recentemente[1] en Israel, en áreas humidas con abundancia de papiros e canavais. Pasan o inverno no leste de África. Viven entre a vexetación acuática ou ó redor de zonas de auga, corrente ou estancada, en xeral entre o canaval mesto. Durante a viaxe migratoria descansan entre o mato.
O seu canto semella o da folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus), pero é máis profundo.
O ano 2007 foi detectada a súa presenza como ave reproductora no norte de Israel[2].
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
Xustificación da clasificación como especie en perigo, na páxina da IUCN (en inglés).