Filae
Coordenadas: 24°01′31″N 32°53′03″W / 24.02528°N 32.88417°W
|
||
|
|
||
Templo de Filae |
||
| Inscrición: | 1979 | |
| País: | Non dispoñible | |
| Localización: | Exipto | |
| Rexión: | Non dispoñible | |
| Tipo: | Cultural | |
| Criterios: | (i, iii, vi) | |
| Descrición UNESCO: | fr en | |
Filae (en textos latinos: Philæ, Philae) era o nome dunha illa situada no río Nilo, a once quilómetros ao sur de Asuán, no Exipto. Foi soado polos templos erixidos durante os períodos tolemaico e romano adicados ao culto á deusa Isis que se espallou por todo o Mediterráneo, manténdose a súa veneración no templo de File ata que foi prohibido en tempos de Xustiniano I, no ano 535
A illa de Filae ficou mergullada no século XX baixo as augas encoradas polo encoro de Asuán, aínda que baixo patrocinio da Unesco os templos foron desmontados, trasladados e reconstruídos no próximo illote de Agilkia.
Índice |
Historia[editar]
Isis foi unha das deusas principais do panteón exipcio, mais só a partir de Nectanebo I, faraón da dinastía XXX, comezaron a erixirse edificacións sacras de certa importancia na illa. Os tolemaicos continuaron ampliando o complexo e, posteriormente, algúns emperadores romanos como Augusto, Tiberio, Traxano e Hadriano, ordenaron construír máis edificacións.
O culto á deusa perdurou ata o século VI, cando o emperador romano de oriente, Xustiniano I, o prohibiu. O conxunto reconverteuse entón en igrexa cristiá adicada á advocación de Santo Estevo, ata o século XII, época na que o credo islamita xa se impuxera como relixión maioritaria da poboación exipcia.
Patrimonio da Humanidade[editar]
O conxunto de templos de Filae forma parte do Museo ao aire libre de Nubia e Asuán, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1979 co nome de Monumentos de Nubia de Abú Simbel a Filae.
O sistema templario en Filae; a gramática do templo[editar]
O conxunto de templos da illa de Filae non constitúe un sistema illado. Así a todo, está estreitamente vencellado a outros templos próximos (Abatón) e á serie de templos nubios que, dende Filae, fican nas beiras da Baixa Nubia. Cómpre lembrar que o gobernante exipcio (case de xeito continuado en cada reinado) regaloulle "os campos" (o Dodekaschoenos) á deusa (o que é o mesmo que dicir aos seus sacerdotes).
Na illa, existe unha clara gradación nos templos. O templo principal é, naturalmente, o de Isis, e ocupa a posición axial, estando os outros templos (Arensnufis, Imhotep, etc.) subordinados ao da deusa, atopándose transversalmente ao eixe principal.
A decoración dos muros dos templos que constitúen o conxunto de Filae realizouse conforme a un sistema descrito por Eleni Vassilika (Ptolemaic Philae), segundo o cal os artistas, seguindo as directrices dos teólogos, elaborarían unha serie de cartóns decorativos a partir dos cales fóronse erguendo as decoracións murais, mantendo estritas normas regradas.
Os templos ergueitos na illa de Filae[editar]
O conxunto do templo de Isis dispón de varias edificacións:
- O vestíbulo de Nectanebo I, con sillares da época de Taharqo.
- O templo de Arensnufis, divindade meroítica, de tempos de Ptolomeo IV Filópator e Arqamani II, rei de Meroe.
- As columnatas da época de Augusto e Tiberio.
- A capela de Mandulis, divindade nubia.
- O templo adicado a Imhotep, sabio divinizado da época de Dyeser.
- A porta de tempos de Ptolomeo II Filadelfo.
- O primeiro pilono, cos obeliscos de Ptolomeo VIII Evérxetes.
- O patio co mammisi, de Ptolomeo VIII, rematado por Tiberio.
- O templo de Isis, decorado en época de Ptolomeo II, rematado por Augusto e Tiberio.
- O templo de Hathor, de Ptolomeo VI Filómetor e Ptolomeo VIII Evérxetes.
- Ao oeste está a chamada porta de Hadriano, ao pasar pola cal chégase á capela principal e ao templo da deusa Hathor, ao leste do templo de Isis. Os alicerces están decorados con escenas de músicos, bailaríns e deuses. Ao sudoeste está o quiosco de Traxano.
Estancias anexas[editar]
Entre as principais estancias que abrangue o conxunto, cabe destacar:
- A biblioteca. O templo contaba cunha biblioteca de textos sagrados en papiro, pra o uso dos sacerdotes no seu culto diario, así como para depósito de documentos.
- A chamada "Estancia Meroítica". Unha das salas do templo acolle un interesante grupo de inscricións e representacións meroíticas, de extraordinario interese para a historia da zona.
|
Acceso porticado ao templo adicado á deusa Isis
|
Quiosco de Traxano
|
Derradeiros vestixios da antiga escritura exipcia[editar]
A derradeira inscrición xeroglífica da que se ten evidencias foi gravada nos muros da porta ergueita en tempos do emperador Hadriano, situada no recinto do templo do Isis; gravouse o día 24 de agosto de 394, e consistía nunha invocación ao deus kushita Mandulis.[1]
O derradeiro texto escrito en exipcio demótico datouse no día 11 de decembro do ano 452; trátase dunha frase pintada nos muros do templo do Isis, en Filae.
Notas[editar]
- ↑ Devauchelle, Didier: Bulletin de la société française d'égyptologie, 131 (1994), p. 16-18.