Ferreiriño palustre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferreiriño palustre
Parus palustris02.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Paridae
Xénero: 'Poecile'
Especie: ''P. palustris''
Nome binomial
''Poecile palustris''
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia

Parus palustris

O Ferreiriño palustre (Poecile palustris, antes Parus palustris) é unha ave paseriforme da familia dos páridos.

Morfoloxía e hábitos[editar | editar a fonte]

Ten unha lonxitude duns 11,5 cm e un peso de 11 gramos. Corpo gris con lombo pardo e parte superior da cabeza negra. O seu hábitat predilecto son as fragas de monte baixo, hortos e montañas ata os 1.400 metros de altitude. Aliméntase de insectos e sementes.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Pon o niño en ocos de árbores. Normalmente as postas son de 7-8 ovos e fanse entre abril e maio. O tempo de incubación é de 12-13 días. Os polos comezan a abandonar o niño ós 17-20 días trala eclosión.

Distribución[editar | editar a fonte]

Presente en toda Europa Occidental e central, excepto a Península Ibérica (coa excepción da franxa pirenaica).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C. D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello de O Grove. Depósito Legal:C 2423-2009.
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza. AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)