Fernando Barros Pumariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Barros Pumariño

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de agosto de 1906 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de marzo de 1959 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Fernando Barros Pumariño, nado en Santiago de Compostela o 15 de agosto de 1906 e finado en París o 22 de marzo de 1959, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Barros, Valle-Inclán e García-Sabell en Compostela en 1935.

Estudante de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, delegado da Sociedad General de Autores. Amigo e compañeiro de Arturo Cuadrado. Pertenceu á masonería. Participou no Pacto de Lestrobe en representación da ORGA e foi elixido secretario do Centro Republicano de Santiago de Compostela en xaneiro de 1931.[1] Despois integrouse en Izquierda Republicana. Foi detido pola folga xeral revolucionaria de 1934. Amigo de Ramón María del Valle-Inclán, acompañouno nos seus últimos momentos e foi o seu testamenteiro[2]. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, permaneceu agochado no Sanatorio Baltar até que logrou atravesar a fronteira portuguesa e pasar á zona leal. Integrouse no exército republicano como comandante. Contactou en Valencia con Borobó. Coa derrota republicana foi detido e internado na prisión de San Miguel de los Reyes (Valencia) o 14 de abril de 1939. Despois pasou á prisión de Porlier. En xuño de 1945 as autoridades franquistas conmutáronlle a pena pola de seis anos de confinamento, que tería que cumprir en Vigo. En abril de 1948 desapareceu do seu domicilio de Vigo e fuxiu a Francia. Alí traballou de albanel. Reuníase no café Mabillon de París xunto con outros exiliados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 20-1-1931, p. 8.
  2. Rivas, Manuel (23/5/2008). "O enterro que fixo tremer Galicia" El País.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Díaz Rey, María (2004). Noticia sobre Fernando Barros Pumariño (1906-1959). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-143-5. 
  • Lamela García, Luis (2005). 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. pp. 222–224. ISBN 84-8485-186-9. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]