Fento fero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fento fero
Fento fero (Blechnum spicant)
Fento fero (Blechnum spicant)
Estado de conservación
Risco baixo (NT)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pteridophyta
Clase: Pteridopsida
Orde: Athyriales
Familia: Blechnaceae
Subfamilia: Blechnoideae
Xénero: Blechnum
Especie: B. spicant
Nome binomial
''Blechnum spicant''
(L.) Sm.

O fento fero[1] ou formalmente blechno (Blechnum spicant) é unha especie de fento da familia Blechnaceae. Existen dúas variedades deste fento en Galiza. Blechnum spicant subsp. spicant, que é a máis estendida e de frondes estériles e fértiles moi diferenciados; e a Blechnum spicant subsp. homophyllum , cuxos frondes estériles e fértiles son máis semellantes e dun tamaño menor a 20 cm. Esta última variedade esténdese dende as serra do Xurés e o Baixo Miño até o Eume.

Descrición[editar | editar a fonte]

Os fentos presentan alternancia de xeracións, isto quere dicir que no mesmo ciclo de vida pasan por dúas formas, a que produce esporas, chamadas esporófitos, e as que producen gametos, chamadas gametófitos. A xeración que vemos nesta especie é a do esporófito, pois o gametófito é moi miúdo. O esporófito está composto dunha fronde formada por un pecíolo e unha lámina. A lámina pode estar unha ou varias veces dividida. Cada división chámase pinna e as divisións das pinnas chámanse pínnulas.

Fento perenne rizomatoso, con rizoma oblicuo ou erecto cuberto de escamas. Frondes de 15-50 cm persistentes formando fascículos, coma xa dixemos, de dous tipos, fértiles e estériles, con pecíolo moito máis curto ca o limbo e limbo unha vez pinnadamente dividido (pinnatífido); os estériles (trofófilos) con divisións (pinnas) oblongas ou linear-oblongas, subagudas; as fértiles (esporófilos) con pinnas máis estreitas, lineares. Esporanxios reunidos en grupos (soros), dispostos en liña a ambos os dous lados do nervio principal das pinnas das frondes fértiles, cubrindo practicamente todo o envés das mesmas, producindo un só tipo de esporas (isospóreos) cubertos dunha membrana linear (indusio) ben desenvolvida.[2]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Eurosiberiano. Bosques de ribeira húmidos e sombrizos. Noiros e cavorcos lamacentos máis ou menos umbros. Bota as esporas dende a primavera até fins do verán. É moi común nos regueiros e ríos en toda Galiza, en zonas húmidas até os 2.000 m. No verán é moi común.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Blechnum spicant foi descrita por (Carl von Linné) Sm. e publicado en Mémoires de l'Academie Royale des Sciences 5: 411. 1793.[3]

Outros nomes galegos[editar | editar a fonte]

Felgo fero, fento pente, fenta (cómpre non confundir coa especie Athyrium filix-femina).

Sinonimia
  • Acrostichum spicant (L.) Willd.
  • Asplenium spicant Bernh.
  • Blechnum spicant var. elongata B. Boivin
  • Lomaria spicant (L.) Desv.
  • Lomaria spicant var. elongata Hook.
  • Lomaria spicant f. serrulatum Clute
  • Onoclea spicant Hoffm.
  • Osmunda spicant L. basónimo
  • Struthiopteris spicant (L.) F.W. Weiss[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar preferido en ‘’Termos Esenciais de Botánica’’ da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002. Non aparece no Dicionario da RAG, xa que non describe os tipos de fentos, pero é un nome documentado noutros diccionarios galegos
  2. Santa-Bárbara Carrascosa, C.; Valdés Castrillón B. (2008). Guía de la Flora y Vegetación del Andévalo. ISBN 978-84-96776-85-2.
  3. "Fento fero". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. http://www.tropicos.org/Name/26614187. Consultado o 21 de setembro de 2012.
  4. Fento fero en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fento fero

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]