Basónimo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Petasites hybridus (L.)
G.Gaertn., B.Mey. & Scherb. (1801) = Tussilago hybrida L.

O basónimo é un termo usado na nomenclatura biolóxica e que consiste no nome científico baixo o cal foi orixinalmente nomeado ou catalogado un taxon.

Para evitar ambigüidades ou dúbidas respecto dun nome científico, unha proposta de reclasificación debe mencionar sempre o basónimo, aínda que o nome taxonomicamente válido ou aceptado hoxe en día sexa distinto.

Por exemplo, en 1758 Linneo describiu a Staphylinus politus. Actualmente ese taxon coñécese como Philonthus politus. Neste sentido, a forma correcta de citar o nome sería:

  • Philonthus politus (L. 1758) → Nome válido
  • Staphylinus politus L. 1758 → Basónimo (nome orixinal)

Outro exemplo da botánica represéntao Picea abies (L.) H.Karst. baseado en Pinus abies L.

Un exemplo máis: unha parte mínima das especies do xénero Carthamus L., 1753 (Asteraceae) foi reclasificada en 1990, por Ginés López González no xénero Phonus Hill, 1762, con Carthamus arborescens L., 1753 como basónimo, pasando a denominarse Phonus arborescens (L.) G. López (con L. entre paréntesis - (L.) - para denotar que a descrición orixinal a fixo Linneo baixo outro taxon xenérico, neste caso Carthamus, seguido de G. López quen é o autor que cambioou a especie arborescens do xénero Carthamus ao xénero Phonus). [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Acerca de la clasficación natural del género Carthamus L.,s.l" [1]. Anales Jard. Bot. Madrid 47 (1): 11-34.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]