Fenta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fento femia
Athyrium filix-femina0.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pteridophyta
Clase: Pteridopsida
Orde: Polypodiales
Familia: Woodsiaceae
Xénero: 'Athyrium'
Especie: ''A. filix-femina''
Nome binomial
''Athyrium filix-femina''
(L.) Roth
Debuxo do século 19
Fronda nova de Athyrium filix-femina

A fenta ou fento femia (Athyrium filix-femina) é unha especie de fieito longo e plumoso, natural na maior parte do Hemisferio Norte temperado, xeralmente abundante en ambientes húmidos e sombrizos (bosques) e que se planta a miúdo como elemento decorativo. Recibe tamén o nome de fento manso.

A planta é cespitosa (as frondas medran a partir do grupo basal ao longo do rizoma). As frondes son amarelo-verdosas, de 20-90 cm de lonxitude e 5-25 cm de amplo; e son caducas. Os soros semellan puntos no envés das frondes, entre 1-6 soros por pínnula, cubertos por unha prominencia albeira, e con forma de ril. As frondes son tripinnuladas.

Cultivo e usos[editar | editar a fonte]

O rizoma e as frondes novas son velenosas se están cruas, mais comestibles despois de cociñalas.

Notas[editar | editar a fonte]