Fento dos valos
| Fieito dos valos | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Polypodium vulgare | ||||||||||||
O Fento dos valos ou fento das pedras (Polypodium vulgare L.) é unha especie de fieito da familia Polypodiaceae.
Índice |
Descrición [editar]
Esta especie ten un rizoma rastreiro bastante groso que se estende sobre as rochas e os troncos das árbores ademais de medrar no chan. As frondes, perennes e de uns 30 cm de longo, nacen en pecíolos sarmentosos de semellante lonxitude. As pínnulas (folíolos) son ás veces dentadas e poden tornarse crestadas. Os soros (un soro é un grupo de esporanxios) son redondeados, ás veces con pelos glandulares, dispostos en dúas filas aos lados do nervio central de cada segmento foliar, de cor alaranxada que despois remata en castaño. Madura no verán.
Hábitat [editar]
Zonas rochosas e sombrizas, fragas, muros, prefirindo os sitios ricos en materia orgánica e acedos.
Distribución [editar]
Esta especie é de amplia distribución en América do Norte, Europa, África e Asia.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Penas A. et alii. (1991): Plantas Silvestres de Castilla y León, Valladolid, Ámbito, ISBN 84-86770-40-8