Fascia braquial
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Fascia braquial | |
|---|---|
| Latín | fascia brachii |
| Gray's | asunto #123 441 |
A fascia braquial ou fascia donda do brazo é unha fascia do membro superior humano, que cobre o músculo pectoral maior e o músculo deltoide. Insírese en diversos puntos da cintura escapular: na clavícula, no acromion e na espiña escapular e forma unha cuberta delgada, formada de febras circunferenciais ou espirais. Outras febras verticais e oblícuas manteñen unida toda a estrutura.
É máis delgada sobre o bíceps braquial, pero máis grosa sobre o tríceps braquial, sobre os epicóndilo medial e lateral. Continúase a través da aponeurose do músculo pectoral maior e do músculo grande dorsal por dentro e pola aponeurose do músculo deltoide por fóra.
Desta fascia deriva un septo intermuscular que se insire no epicóndilo medial.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.