Marcelino Rodríguez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marcelino Rodríguez Fernández, coñecido como Marrofer, nado en Puente de Prado (Asturias) en 1916 e morto en Aranga en 1946, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre nacional e militante comunista. Instalouse en Viveiro tras a Guerra Civil dando clases particulares en Celeiro, pero en 1942 tivo que botarse ao monte polas súas actividades antifranquistas. Contactou co Grupo Neira (IV Agrupación do Exército Guerrilleiro) que operaba nas comarcas de Viveiro e Ortegal, e substituíu ao cenetista José Neira Fernández na xefatura. Participou en 1944 na xuntanza de Abegondo, onde se consolidou a IV Agrupación. Foi responsábel da creación dos destacamentos operativos dentro das agrupacións.

Avistado o seu grupo por unha contrapartida en Milreu, no concello de Aranga, o 26 de xuño de 1946, foi executado xunto cos guerrilleiros Lisardo Freijo López, Ángel Álvarez Rego e José Doldán. Foi substituído por Manuel Ponte ao mando da IV Agrupación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). ISBN 84-8485-231-8.