Hartmut Heine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHartmut Heine
Biografía
Nacemento1945 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Wismar Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Londres Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3890713

Hartmut Heine, nado en Wismar en 1945, é un historiador alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou mozo no exército alemán, no que permaneceu catro anos. Pasou un ano en Berlín e despois trasladouse a Inglaterra onde estudou o bacharelato inglés, e licenciouse en Historia na Universidade de Londres. Fixo un máster dirixido por Hugh Thomas, elaborou unha tesiña sobre a guerrilla antifranquista en Galicia e fixo a tese de doutoramento sobre a oposición política ao franquismo de 1939 a 1952, dirixida por Paul Preston. Nos anos setenta visitou Galicia para documentarse sobre a guerrilla. Foi catedrático de Hispanística da Universidade Libre de Berlín.[1]

En 2009 inaugurou o Congreso sobre a guerrilla antifranquista en Galicia.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • "La evolución política en Galicia (1939-1975)", Cuadernos de Ruedo Ibérico, 51/53, maio/outubro de 1976.[3]
  • A guerrilla antifranquista en Galicia, 1980, Edicións Xerais de Galicia.
  • La oposición política al franquismo. De 1939 a 1952, 1983, Crítica.
  • La oposición al franquismo en Andalucía oriental, 2005, Fundación Salvador Seguí.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • "Organizaciones políticas y sindicales ante el exilio" en Emigración y exilio: españoles en Francia 1936-1946, 1996.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]