Eugen Bleuler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul Eugen Bleuler
Nacemento 30 de abril de 1857
Zollikon
Morte 9 de febreiro de 1940
Zollikon
Residencia Zúric
Nacionalidade Suíza
Campo Psiquiatría
Alma mater Universidade de Zúric
Coñecido por Esquizofrenia, autismo
Influíu en August Forel
Sigmund Freud
Influído por Carl Jung

Paul Eugen Bleuler, nado en Zollikon o 30 de abril de 1857 e finado no mesmo lugar o 9 de febreiro de 1940, foi un psiquiatra suízo, coñecido por ter acuñado o termo esquizofrenia, así como polas súas contribucións no eido das enfermidades mentais.

Bleuler naceu en Zollikon, unha pequena poboación próxima a Zúric. Seus pais foron Johann Rudolf Bleuler e Pauline Bleuler-Bleuler.

Estudou medicina en Zúric, e máis tarde estudou en París, Londres e Múnic, regresando logo a Zúric para tomar un posto como interno do Burghölzli, un hospital universitario.

En 1886, Bleuler foi nomeado director dunha clínica de psiquiatría en Rheinau, hospital localizado nun antigo mosteiro sobre unha illa do río Rin. Rheinau estaba desfasado naquel tempo, e Bleuler mellorou as condicións dos pacientes residentes alí.

Véxase tamén[editar]

Bibliografía[editar]

Ligazóns externas[editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: