Hermann Rorschach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O doutor contra 1910.

Hermann Rorschach, nado o 8 de novembro de 1884 en Zúric e finado o 2 de abril de 1922 en Herisau, foi un psiquiatra e psicanalista suízo, coñecido sobre todo pola elaboración da proba que leva o seu nome, o Test de Rorschach.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Suíza, no seo dunha familia con poucos recursos económicos. O seu pai era un pintor sen gran éxito na súa profesión e que daba clases de pintura nunha escola preparatoria para homes.

Durante os seus estudos na etapa secundaria, Rorschach demostrou especial entusiasmo por entintar sobre papel e pegalo, de tal maneira que obtiña formas de paxaros ou bolboretas, o cal mesmo lle valeu ser alcumado co nome de "kleck" que significa «mancha».

Ao terminar a escola, interesouse pola pintura e comezou estudos en ciencias naturais, e ingresou na escola de medicina en 1904. Tras graduarse en 1909 interesouse pola psiquiatría.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hermann Rorschach

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]