Vicente-Juan Ballester Olmos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaVicente-Juan Ballester Olmos
Biografía
Nacemento27 de decembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónUfólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Vicente-Juan Ballester Olmos, nado en Valencia o 27 de decembro de 1948, é un ufólogo valenciano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Á idade de 15 anos séntese atraído polas ciencias naturais, ten inquietude pola investigación (arqueoloxía, botánica, volcanismo) e se entusiasma polas informacións relativas ao espazo e a astronomía. O seu gusto por estas materias deriva da lectura de bandas deseñadas como Diego Valor na súa infancia. Cedo xurdiu nel o interese polos pratiños voantes.

En 1967 fai o bacharelato no Colexio Sant Josep (xesuítas) de Valencia. En 1973, Ballester Olmos diplomouse como Programador en Informática no Departamento de Lóxica e Filosofía da Ciencia, Facultade de Filosofía e Letras (Valencia), e no 1976 ingresou como analista en Ford España. Desde 1983 é Xerente de Seguros na área de Beneficios Económico-sociais e Pensións na mesma compañía.

En 1968 funda o CEONI, en 1969 crea o Equipo Nacional de Investigación (ENI) e dende o 1978 é membro do Consello de Consultores da revista Stendek, editada polo Centro de Estudos Interplanetarios (CEI). Entre outras organizacións, é membro representante da Mutual UFO Network, do J.A. Hynek Center for UFO Studies e da Society for Scientific Exploration.

Recibiu os premios máis importantes outorgados polas organizacións que dan apoio á investigación científica do fenómeno OVNI ou recoñecen a traxectoria dos estudosos máis salientables. Así, a Fund for UFO Research (Washington, D.C. 1982) outorgoulle unha bolsa para que examinase os casos de encontros próximos reportados en España e Portugal. No 1983, concedéuselle o Premio Alvin Lawson polos seus “avances na comprensión científica do fenómeno OVNI”. No ano 1998 recibiu outras dúas distincións: foi nomeado para o Isabel L. Davies Memorial Award, e os seus colegas da Fundación Anomalía (institución da cal é vicepresidente 1º e director de investigacións) entregáronlle o Premio Anaparéstesis.

Na actualidade, Ballester Olmos é un dos impulsores da Fundación Anomalía, editora da revista Cuadernos de Ufología, da cal é asesor científico, e @nomalía. É grazas ás súas xestións que, a partir do 1992, a ufoloxía do Estado español conseguiu acceder á desclasificación dos informes sobre ovnis arquivados polo Exército do Aire de España.

Escribiu máis de 300 informes -entre artigos e notas técnicas- nas principais publicacións especializadas de todo o mundo (Flying Saucer Review, Stendek, Lumières dans la nuit, Phénomenes Spaciaux, Mufon UFO Journal, International UFO Report, Journal of Scientific Exploration etc.). Entre 1983 e 1985 foi editor xefe de UPIAR Research in Progress (Milán, Italia). Pero, sobre todo, é autor ou coautor de obras notables que foron prologadas por figuras llexendarias da ufoloxía como os doutores J. Allen Hynek, Jacques Vallée e Richard Haines.

Obra[editar | editar a fonte]

  • OVNIS: el fenómeno aterrizaje (1978)
  • (1981): Los OVNIS y la Ciencia (1981, xunto a Miguel Guasp)
  • Investigación OVNI (1984)
  • Enciclopedia de los encuentros cercanos con OVNIS (1987, xunto a José Antonio Fernández Peris)
  • Expedientes insólitos (1995)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]