Escudo de Australia
O escudo de Australia data do ano 1912 e foi outorgado polo Rei Xurxo V.
A súa descrición heráldica ou brasonamento é a seguinte:
Ao timbre un burelete de ouro e azur sumado dunha estrela de sete puntas de ouro.
Por soportes, un canguro e un emú pasantes na súa cor terrazados de ouro. Acolada dúas ramas de zarzo dourado, na súa cor encintadas de ouro e de prata. Por divisa, nunha lista de prata bordeada de goles e cargada de “Australia” de sable.[1]Consiste nun escudo cos brasóns dos seis estados: Nova Gales do Sur, Victoria, Queensland, Australia Meridional, Australia Occidental e Tasmania. Estes brasóns están arrodeados no exterior por unha fileira coas cores do armiño heráldico. Simbolízase desta maneira a Federación destes estados.
Tamén se inclúen os símbolos nacionais do zarzo dourado, o canguro e o emú.
O zarzo dourado, o canguro e o emú son aceptados coma os respectivos emblemas da flora, a fauna terrestre e as aves de Australia. O zarzo dourado, Acacia pycnanthaBenth, foi declarado oficialmente como un dos emblemas nacionais en agosto de 1988.
O escudo de 1908 [editar]
O primeiro escudo australiano foi outorgado polo rei Eduardo VII o 7 de maio de 1908. Australia independizouse do Reino Unido o 1 de xaneiro de 1901.
No campo deste escudo, como no actual, tamén se mostraba a Cruz de San Xurxo pero estaba adornada con cinco estrelas brancas, de seis puntas cada unha, e uns bordos de cor azul que non chegan a tocar a propia cruz. Unha bordadura de cor azul era o símbolo da Federación e os seis estados australianos estaban representados por seis escudetes brancos cun chevrón vermello, situados no interior da bordadura. Nos adornos exteriores xa aparecían representadas as figuras do canguro e do emú xunto ao burelete e a Estrela da Mancomunidade Australiana. O lema deste escudo foi “Advance Australia” que en inglés significa “Avante Australia”.[2]